A CORPORACIÓN DE CAMARIÑAS, COS VOTOS DO PSOE E DO BNG E A ABSTENCIÓN DO PP, RESPALDA AS DEMANDAS DA FLOTA DO CERCO.

Valora este artigo
(11 Votos)

Previamente á celebración do Pleno mais de 600 persoas, entre as que se atopaban a Vicepresienta 2ª  do Parlamento de Galicia Marisol Soneira, e a Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE Pilar Cancela, concentráronse na Praza do Concello para amosar o seu apoio aos mariñeiros e armadores do cerco.

Noite de solidariedade das xentes de Camariñas que, en número de mais de 600 persoas acudiron a amosar o seu apoio as familias que manteñen a loita para conseguir cuotas de pesca xustas para as súas empresas. A eles dirixiuse Manuel de Lin agradecendo o apoio e manifestando que, de non mudarse esta distribución, a flota do cerco desaparecerá en poucos anos.

Moitos dos asistentes acudiron, de seguido, ao Pleno do concello onde, entre outros asuntos, debatíase unha moción redactada pola Asociación de Cerqueiros e presentada polo Grupo Socialista. A moción foi votada a favor polos sete concelleiros do Partido Socialista e pola única concelleira do BNG. Os concelleiros do PP abstivéronse e pretenderon defender a súa propia moción, que non prosperou ao estimar o resto de concelleiros que non había urxencia para o seu debate xa  que a que se acababa de aprobar era a vontade do sector.

Houbo gran expectación no salón de plenos do concello de Camariñas, cheo ate a bandeira, para seguir en directo este debate. O acordo, que será remitido á Xunta de Galicia e ao Goberno Central, consta de tres puntos:

1. Manifestar o noso apoio ao sector do cerco galego e en particular ás embarcación de Camariñas, ante a dramática e inxusta situación pola que están a atravesar.

2. Reclamar ás distintas administracións, e nomeadamente á Consellería do Mar da Xunta de Galicia, o apoio ás xustas reivindicacións que plantexa o sector do cerco a través de ACERGA.

3. Reclamar a modificación do actual reparto de cuotas no que prima un criterio de capturas históricas por outros onde os criterios socioeconómicos prevalezan.

1366
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.