PLENO DO CONCELLO CON TEMAS DA MÁXIMA IMPORTANCIA

Valora este artigo
(5 Votos)

Mañá, venres, as 20.00 horas celebrará pleno ordinario a corporación municipal cunha ampla orde do día: nomeamento de xuíz de paz, nomeamento de representantes do concello na Rede Española de Ciudades por el Clima, MOCIÓNS DE URXENCIA, decretos e comunicacións, dación de contas do informe de Intervención, da incorporación da nova concelleira Estrella Antelo Martinez ao grupo municipal do Partido Popular e da adcrición dos membros do Grupo Polular as distintas comisións, e rematan os puntos da orde do día cos rogos e preguntas.

E, sen dúbida, un pleno denso con asuntos moi importantes pero Camariñas estará pendente especialmente do debate da moción do Grupo Municipal Socialista en apoio da nos a flota do cerco. Dende Maiscamarinas sabemos que a moción vaise aprobar porque os socialistas contan, por si solos, coa maioría absoluta. Pero non se trata diso. Sería bo que este apoio fose unánime de toda a corporación porque os problemas polos que atravesa a nosa flota son de todos, incluso daqueles que non se dedican a esta actividade xa que, se non se pesca, tódolos sectores económicos de Camariñas vense afectados en cadea.

Agardamos que impere o sentido común e o bo xuízo e que, a hora de votar, se faga pensando nos intereses de Camariñas antes que na defensa de posicións políticas que emanan de administracións alleas a nosa realidade. Pode haber discrepancia e diferencias políticas, lexítimas, de cada grupo político que se senta na sala de plenos do concello, pero non pode haber orelleiras e vendas que tapen a realidade pola a que están a pasar moitas familias veciñas nosas.

As oito do serán Pleno. E as 7.30 concentración na Praza de Insuela amosando o noso apoio e o noso compromiso na defensa do noso modo de vida e da nosa economía.

QUE OS NOSOS MARIÑEIROS NON SE ATOPEN SOLOS E ABANDOADOS. CAMARIÑAS É UN POBO SOLIDARIO. DEMOSTRÉMOLO.

843 Modificado por derradeira vez o Xoves, 26 Novembro 2015 18:28
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.