CONCENTRACIÓN EN APOIO AOS NOSOS MARIÑEIROS

Valora este artigo
(5 Votos)

O próximo venres, as 20.00, o concello de Camariñas celebra un pleno no que, entre outros asuntos,  vaise a debater unha moción do Grupo Municipal Socialista en defensa e apoio do sector do cerco e dos nosos mariñeiros que, en tres puntos, amosa as demandas da flota:

1. Manifestar o noso apoio ao sector do cerco galego e en particular ás embarcación de Camariñas, ante a dramática e inxusta situación pola que están a atravesar.

2. Reclamar ás distintas administracións, e nomeadamente á Consellería do Mar da Xunta de Galicia, o apoio ás xustas reinvindicacións que plantexa o sector do cerco a través de ACERGA.

3. Reclamar a modificiación do actual reparto de cuotas no que prima un criterio de capturas históricas por outros onde os criterios socioeconómicos prevalezan

Ese mesmo día está convocada unha concentración, as 19.30, na Praza do Concello de tódolos afectados pola distribución inxusta e irracional das cuotas de pesca, e de todos aqueles que queiran amosar a súa solidariedade e o seu apoio ao principal motor económico do noso concello.

Defender a nosa pesca e aos nosos armadores e mariñeiros é defender o noso modo de vida e a nosa economía  xa que non debemos esquecer que, si a flota non pode pescar, reséntese toda a economía municipal polo que os seus intereses son os intereses de toda a sociedade.

POR UN REPARTO XUSTO DAS CUOTAS DE PESCA. POR UNHA SOLUCIÓN QUE RESPECTE O DEREITO AO TRABALLO E A DIGNIDADE DA XENTE DO MAR. POLA NOSA FORMA DE VIDA. PORQUE O QUE SE DEMANDA É DE XUSTICIA

PARTICIPA E AMOSA O TEU APOIO AO CERCO E AOS NOSOS MARIÑEIROS.

1179 Modificado por derradeira vez o Xoves, 26 Novembro 2015 18:38
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.