OS SOCIALISTAS EMENDAN OS ORZAMENTOS DE FEIJOO E INCLUEN O SANEAMENTO DE XAVIÑA

Valora este artigo
(2 Votos)
OS SOCIALISTAS EMENDAN OS ORZAMENTOS DE FEIJOO E INCLUEN O SANEAMENTO DE XAVIÑA José Manuel Casal - La Voz de Galicia

A deputada socialista Marisol Soneira presentou hoxe as emendas que o seu grupo parlamentario acaba de rexistrar para tentar corrixir os orzamentos da Xunta de Galicia para o próximo ano. As emendas foron propostas polos socialistas da Costa da Morte e abranguen dende actuacións puntuais nos distintos concellos, ate proxectos e iniciativas de ámbito comarcal.

Soneira amosou a súa decepción por uns orzamentos que discriminan e esquecen á Costa da Morte e que conteñen un alto grado de discrecionalidade que permite un gasto indeterminado e non vinculado a proxectos concretos. Son, manifestou, un xeito caciquil de investir os recursos públicos.

No que atinxe a Camariñas propiamente dito, os socialistas demandan da Xunta que se remate o Plan Portuario de Camariñas, comprometido no seu día, e que inclúe a fachada marítima do Cansorro, o contradique e a ordenación do porto.

Tamén recollen as emendas presentadas hoxe por Marisol Soneira, o saneamento da parroquia de Xaviña para que o goberno de Feijoo aborde dunha vez esta vella demanda do concello de Camariñas.

O conxunto das emendas presentadas polos socialistas demandando actuacións concretas na Costa da Morte están recollidas neste resume entregado aos medios de comunicación:

EMENDAS PRESENTADAS POLO PSdeG-PSOE AOS ORZAMENTOS


A Laracha
- Circunvalación de A Laracha
- Berirarúas Xermade (Caión)
- Seguridade viaria travesía de A Laracha
- Escola de Oficios
- Ampliación Novo Aulario CEIP Otero Pedrayo
- Centro Xuvenil

Camariñas
- 3ª Fase fachada marítima
- Contradique porto de Camariñas
- Ordenación Portuaria
- Saneamento parroquia de Xaviña

Corcubión
- 2ª Fase saneamento integral

Ponteceso
- Urbanización AS-421 Buño-Xornes
- Beirarrúas AC-419 Pazos de Arriba
- Beirarrúas AC-424 Couto (Ponteceso)
- 2ª Fase polígono industrial Ponteceso
- Reformas CEIP Eduardo Pondal (Ponteceso)
- Reformas CEIP  As Forcadas, Corme
- Pista atletismo IES Ponteceso
- Acceso para camións porto de Corme
- Arranxo de rampa e carro varadeiro de Corme
- Consolidación muro tras confraría Corme
- Pantalán para embarcacións deportivas Corme
- Pantalán embarcacións tradicionais Ponteceso
- Recuperación EDAR de Corme
- Abastecemento en Corme, Sanaeamento en Graña,   abastecemento e saneamento en Tallo-Ponteceso

Vimianzo
- Punto limpo e planta de transferencia mancomunado no polígono empresarial de Vimianzo
- Contenedores recollida selectiva Vimianzo
- Proxecto estrada Piroja-Baiñas-Dumbría
- Incremento persoal e equipamento Centro de Saúde e PAC de Vimianzo
- Melloras EDAR de Vimianzo

Costa da Morte
- Desenvolvemento oferta turística Costa da Morte
- Prolongación autovía Costa da Morte
- Parque megalítico da Costa da Morte

Este conxunto de emendas supoñen un investimento de preto de quince millóns de euros para a Costa da Morte. Veremos o compromiso do goberno galego para coa comarca no seu debate.

1063 Modificado por derradeira vez o Xoves, 19 Novembro 2015 15:01
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.