EXDEPUTADOS AUTONÓMICOS VISITAN O IES PEDRA DA AGUIA

Valora este artigo
(2 Votos)

O martes 17 de novembro, o IES Plurilingüe Pedra da Aguia, de Camariñas, recibiu a visita de tres exdeputados do Parlamento galego, o que se está a converter  nunha constante nos últimos catro anos. Antes de comezar, gardouse un emotivo minuto de silencio polas vítimas dos atentados terroristas en París, aínda que se precisou que habería que gardar moitos minutos de silencio para honrar  a todas as vítimas inocentes que se producen a diario no mundo.

Angel Mesa (PP), Luis Toxo (PSdG) e Xesús Veiga (BNG) contaron as súas vivencias na política aos máis de 40 alumnos de 3º da ESO matriculados no Centro. Ademais das súas experiencias persoais resaltaron o importante da formación académica para desenvolverse de forma axeitada na política.

No turno de preguntas, os alumnos non foron alleos aos temas de actualidade, e así, non faltaron cuestións sobre a entredita independencia do poder xudicial, a irrupción de novos partidos na sociedade española, o caso catalán e as súas posibles repercusións en Galicia e  o ascenso dos extremismos de esquerdas e de dereitas debido a crise económica e á situación dos refuxiados.

Os exdeputados destacaron o clima agradable no que se desenvolveu a charla e manifestaron o seu desexo de voltar no próximo curso.

906 Modificado por derradeira vez o Xoves, 19 Novembro 2015 14:58
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.