O CONCELLO DE CAMARIÑAS APOIA O CERCO GALEGO

Valora este artigo
(5 Votos)

Este era o lema da pancarta que portaban o alcalde e algúns dos concelleiros socialistas, na manifestación que os profesionais do sector do cerco protagonizaron hoxe polas rúas de Santiago de Compostela.

Na capital de Galicia déronse cito hoxe moitos camariñáns e camariñanas que acudiron a demandar un reparto xusto das cuotas de pesca para o cerco e para solidarizarse con tódolos seus veciños que teñen nesta actividade o seu medio de vida.

Unha marea humana percorreu as rúas dende a Praza do Obradoiro ate a sede da Xunta de Galicia, en San Caetano. Coma sempre hai disparidade no número de manifestantes segundo de quen veña a información. So dicir que eramos moitos, mais de dous mil segundo a policía local e  algúns mais segundo os organizadores, e que entre eses milleiros había moitos camariñáns de ben, solidarios e comprometidos cun dos nosos medios de vida fundamentais.

Especialmente emocionante foi atoparnos coas tendas de campaña onde permanecen os nosos mariñeiros protestando diante das dependencias da Xunta. E os discursos das mulleres e dos homes que viven este pesadelo por mor dun inxusto reparto das posibilidades de pesca.

En Santiago houbo hoxe alcaldes de toda a costa e de tódalas cores políticas. Houbo patróns maiores de tódalas confrarías... aínda que algunha ausencia é difícil de xustificar. E houbo homes e mulleres solidarios cun sector fundamental para a economía de Galicia e do noso concello.

Quizá alguén pense que isto non vai con eles pero si non se pesca non se gasta e non circulan os cartos pola economía local. Cando non se pesca por culpa do mal tempo ou porque non hai peixe botámoslle a culpa á divinidade ou á mala sorte, pero cando non se pode traballar porque a administración lexisla con ignorancia irresponsable en contra de toda lóxica e razón, contra os mais débiles e, por riba, négase a falar e a buscar solucións, solo cabe defenderse coas armas da razón, da protesta pacífica e coa determinación de quen sabe que, si non consegue mudar este estado de cousas, non hai futuro posible.

Os socialistas de Camariñas, co seu alcalde ao frente estamos co sector do cerco porque consideramos xustas as súas demandas. Outros agóchanse e non dan a cara. Ala cada quen coa súa conciencia. E logo pregúntanse porque non os votan!

1251 Modificado por derradeira vez o Luns, 16 Novembro 2015 10:11
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.