JUAN CARLOS CANOSA ELIXIDO COORDINADOR COMARCAL DOS SOCIALISTAS DA COSTA DA MORTE

Valora este artigo
(3 Votos)

Os socialistas da Costa da Morte celebraron esta noite unha reunión na Casa da Cultura de Corcubión para elixir ao coordinador comarcal en substitución do carnotán Suso Campos, que deixou a responsabilidade este verán.

Por unanimidade foi nomeado coordinador dos socialistas da Costa da Morte Juan Carlos Canosa Marcote que desempeñará a súa función coa confianza unánime da comarca. E un xusto recoñecemento ao traballo dun socialista exemplar e, sobre todo, dunha gran persoa.

Juan Carlos Canosa, enxeñeiro de profesión,  é Vicesecretario Xeral da Agrupación Socialista de Camariñas, concelleiro de obras na corporación municipal, e membro do Comité Provincial do PSdeG-PSOE.

Un orgullo para os socialistas camariñáns e o xusto recoñecemento ao traballo do noso compañeiro.

Boa sorte compañeiro.

925 Modificado por derradeira vez o Venres, 13 Novembro 2015 21:46
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.