O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE CAMARIÑAS, PRESENTA UNHA MOCIÓN EN APOIO AO SECTOR DO CERCO GALEGO

Valora este artigo
(7 Votos)

O Grupo Municipal Socialista na corporación municipal de Camariñas acaba de rexistrar unha moción en defensa do noso sector pesqueiro. Mais concretamente dos armadores e mariñeiros do cerco que levan meses loitando pola defensa do seu medio de vida. Este é o texto presentado polos socialistas camariñáns:

De acordo e ao amparo do previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Camariñas, desexa someter á consideración do Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS


A flota artesanal do cerco de Galicia, representada pola Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (ACERGA), está a atravesar por momentos de extraordinaria gravidade debido a que permanecen amarradas  como medida de protesta ante o inxusto reparto de cuotas de pesca e ante a falta de viabilidade económica no que resta de ano. 

O que fai insostible a situación actual non é outro que a falta de cuotas das prinicipais especies obxecto de captura, ás que se sumou recentemente o xurelo, unha carencia motivada polo inxusto reparto de cuotas que prima os criterios históricos fronte aos socio-económicos sin ter en conta que a flota galega no periodo seleccionado para tomar eses históricos estaba cunha autorregulación de capturas en augas interiores, fronte a outras frotas que non estaban autorreguladas.

ACERGA, xustifica a decisión do amarre indefinido por falta de viabilidade económica nos seguintes puntos:

O inxusto reparto de cuotas que fai que os buques da asociación (que representa ao 80% dos buques do cerco de Galicia) estén sen posibilidades de pesca.

O reiterado inmobilismo transmitido polas distintas Administracións  fronte as demandas que dende fai tempo a frota do cerco ven reiterando nas súas continuas concentracións ao longo da xeografía galega.

Polo recorte sufrido nos TACs para as especies obxectivo, que levou a un peche prematuro das pesqueiras nas Zonas CIEM VIIIc e IXa, sen contrastar co sector  a gran abundancia das especies nas nosas augas.

A imposibilidade de asegurar a viabilidade económica dos buques e as súas tripulacións.

A actividade pesqueira, e nomeadamente o sector do cerco, constitúe  unha sinal identitaria no tecido socioeconómico de moitas vilas mariñeiras ao longo das nosas costas. Son hoxe máis de 1200 familias que dependen de maneira directa desta pesca e milleiros máis que o fan de maniera indirecta.
Nos nosos concellos, a repercusión económica desta parada é en gran medida importante; así como na economía das centos de familias que dependen desta actividade para poder subsistir e que agora se ven abocadas a ficar sen ingresos durante meses, nunha situación de verdadeira emerxencia e que sin dúbida algunha, repercutirà no conxunto da economía local, dada a relevancia do sector.

Circunstancias de tan excepcional gravidade obrigan a administración municipal a tomar partido apoiando as reinvindicacións que plantexan a Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (ACERGA) e ofrecendo toda a colaboración que poida estar nas mans dos nosos Concellos.

Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Camariñas presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN,

1. Manifestar o noso apoio ao sector do cerco galego e en particular ás embarcación de Camariñas, ante a dramática e inxusta situación pola que están a atravesar.

2. Reclamar ás distintas administracións, e nomeadamente á Consellería do Mar da Xunta de Galicia, o apoio ás xustas reinvindicacións que plantexa o sector do cerco a través de ACERGA.

3. Reclamar a modificiación do actual reparto de cuotas no que prima un criterio de capturas históricas por outros onde os criterios socioeconómicos prevalezan

1186 Modificado por derradeira vez o Xoves, 12 Novembro 2015 18:30
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.