CAMARIÑAS LEMBRA AOS NÁUFRAGOS DO SERPENT

Valora este artigo
(2 Votos)
CAMARIÑAS LEMBRA AOS NÁUFRAGOS DO SERPENT Foto: José Manuel Casal (La Voz de Galicia)

O martes tivo lugar o primeiro acto de conmemoración do 125 aniversario do afundimento do Serpent. Máis de 100 persoas cruzaron a pasarela que leva ao Cemiterio dos Ingleses para deleitarse dunhas actuacións musicais e teatrais impresionantes. Na entrada ao cemiterio dous músicos daban a benvida para despois asistir a catro esceas da obra "Noite dos naufraxios". As esceas lembraban os náufragos do Serpent, City of Agra, Trinacria e os buzos dos barcos de Salvamento Marítimo de Camelle. Sen dúbida, houbo momentos que facían estremecerse.

A continuación falaron Rafael Lema (Delegado na Costa da Morte da Real Liga Naval Española), Juan Campos (escritor de Náufragos de Antaño e membro da RLNE), Xosé María Lema (Historiador do Seminario de Estudos Comarcais), José Manuel Pato (Delegado en Galicia da Real Liga Nalva Española), Paul Lemkes (Agregado de Defensa da Embaixada Británica) e Manuel Valeriano Alonso de León (Alcalde do Concello de Camariñas).

A canción "Un balcón cara o mar" interpretada exquisitamente polo coro muncipal de mulleres de Camariñas dou paso ao disparo de 21 salvas.

Finalmente o Alcalde de Camariñas e os representantes da embaixada británica e da RLNE fixeron entrega dun ramo de flores na tumba do Capitán do Serpent.

O sábado as 21:00 teremos novos actos. Haberá máis actuacións musicais e teatrais, e ademais neste caso agardamos contar ca participación de todos os asistentes para recordar os 176 tripulantes do buque.            

1015 Modificado por derradeira vez o Xoves, 12 Novembro 2015 18:25
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.