Marisol Soneira leva o Parlamento a xestión dos ERE das caixas galegas na Costa da Morte

Valora este artigo
(2 Votos)

A deputada socialista Marisol Soneira presentou no Parlamento a situación dos traballadores e traballadoras das antigas caixas de aforro galegas que se viron afectados na Costa da Morte polos ERE aos que se acolleron as entidades.

A deputada da comarca presentou unha pregunta polas diferentes condicións aplicadas polas entidades e que están a provocar unha morea de queixas e reclamacións entre os traballadores afectados tamén nesta comarca.

Soneira quere que o goberno galego dea conta dos ERE aplicados durante o proceso de fusión que deu lugar á desaparición das entidades, así como o número de traballadores afectados en cada unha das entidades e as posibles diferenzas aplicadas nas condicións aplicadas en cada un destes procesos.

 

739 Modificado por derradeira vez o Mércores, 11 Novembro 2015 18:42
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.