Sobre a manipulación e o engano da Xunta do PP no caso do saneamento de Xaviña

Valora este artigo
(4 Votos)

Diante do lamentable episodio que aconteceu fai uns días no Parlamento de Galicia, a conta do saneamento integral da parroquia de Xaviña, a Agrupación Socialista de Camariñas quere manifestar o seguinte:

1.- Esta demanda non é nova e xa foi planteada ao goberno de Emilio Pérez Touriño no seu día.

2.- O Conselleiro Manuel Vázquez (Pachi) comprometeuse co tema pero modificando a idea orixinal que contemplaba unha EDAR para esta parroquia, xa que a que se estaba a construír en Dor-Ponte do Porto cubría con creces as necesidades futuras de ámbalas dúas parroquias.

3.- Coa chegada de Alberto Núñez Feijoo ao goberno da Xunta de Galicia tocoulle a Agustín Hernández inaugurar as obras que outros habían construído ou deixaran en fase e execución. Tamén a el se lle lembrou, por parte do alcalde, as demandas e os compromisos anteriores e, por si houbera dúbidas, fíxoselle entre dunha memoria valorada do proxecto de saneamento e da súa conexión a EDAR de Dor-Ponte do Porto. Unha na inauguración da EDAR de Dor-Ponte do Porto, e outra na inauguración da EDAR Arou-Camelle.

4.- Fai menos dun mes o alcalde mantivo unha xuntanza coa conselleira Ethel Vázquez -hai testemuñas do encontro- e co anterior responsable de Augas de Galicia. A ámbolos dous se lle trasladou a mesma demanda e ámbolos dous coñecían do asunto.

5.- O mércores 4 deste mes Marisol Soneira defende na Comisión 2ª do Parlamento esta vella demanda do Concello de Camariñas xa que, mentres non se solucione este asunto, as augas depuradas na EDAR de Dor-Ponte do Porto volven a contaminarse ao entrar en contacto coas verteduras de Xaviña sen depurar.

6.- O voceiro do Grupo Parlamentario Popular nesta comisión, anunciou que votarían en contra desta proposta porque, entre outras cousas, o concello non tiña demandado esta infraestrutura diante da Xunta de Galicia. Seguramente o voceiro do PP limitouse a ler o papel que alguén lle mandou dende a Xunta de Galicia sen cuestionarse que se estaba a producir un engano en cadea: a Xunta enganábao a el, e el enganaba á oposición.

7.- Diante deste estado de cousas caben varias conclusións: 

  • Na Xunta perden os papeis ou lévanos consigo os responsables políticos cando deixan o cargo por considerar que a xestión é persoal e non pública.
  • Na Xunta consideran que o engano, a manipulación e falla de respecto institucional son consubstanciais co seu xeito de gobernar.
  • Na Xunta senten un profundo desprecio polas institucións, tanto locais como autonómicas, e nin siquera intentan disimulalo.
  • E a mais grave, si  non teñen inconveniente en enganar aos seus, dándolle unha información manifestamente falsa, como fiarnos aqueles que, dende o seu punto de vista, somos “o inimigo”?

Lamentable e patético xeito de facer política onde a mentira, a manipulación e o engano son a folla de ruta dun goberno. 

831 Modificado por derradeira vez o Martes, 10 Novembro 2015 18:09
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.