PEPE BLANCO REÚNESE COS ALCALDES DA COSTA DA MORTE NUN ACTO ORGANIZADO POLA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE CAMARIÑAS

Valora este artigo
(5 Votos)

Na Casa do Pobo da Agrupación Socialista de Camariñas déronse cita  máis de setenta cargos públicos do Partido Socialista da Costa da Morte para escoitar ao eurodiputado, e exministro, José Blanco quen trasladou aos asistentes as posibilidades que a Unión Europea ofrece ás entidades locales.

Os alcaldes de Camariñas,  Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía e Laxe, xunto cos portavoces socialistas en Carnota, Cee e Vimianzo foron os protagonistas deste encontro e comprometeron a súa asistencia a Bruxelas a un encontro cos organismos comunitarios responsables dos programas e políticas de desenvolvemento rexional.

A Secretaria Xeral dos socialistas camariñáns, Encarna Liñeiro, dirixiu unhas palabras de benvida aos seus compañeiros da comarca e dirixiu a organización do evento. Tamén estivo presente a deputada autonómica, e vicepresidenta 2ª do Parlamento de Galicia, Marisol Soneira.

Os socialistas da Costa da Morte trasladaron a José Blanco a súa preocupación pola situación que están a vivir os sectores primarios e, mais especificamente, a flota do cerco e a flota artesanal, ou o sector lácteo. Tamén trasladaron ao eurodiputado socialista a súa preocupación pola crise demográfica que está a sufrir a comarca e Galicia no seu conxunto.

Ao remate da xuntanza cos militantes socialistas, José Blanco reuniuse con representantes da flota artesanal que lle trasladaron as súas reivindicacións e demanda de que estas sexan tidas en conta nas políticas da pesqueiras da Unión Europea, ao que se comprometeu  por consideralas xustas e razoables.

Unha xornada intensa e frutífera que rematou nunha comida de confraternidade entre os asistentes, e na que se seguiron poñendo sobre a mesa propostas e demandas que, a bo seguro, serán trasladadas á Unión Europea polo noso compañeiro Pepe Blanco.

906 Modificado por derradeira vez o Domingo, 25 Outubro 2015 10:16
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.