OS SOCIALISTAS DE CAMARIÑAS E DA COSTA DA MORTE NAS LISTAS DO PSOE

Valora este artigo
(4 Votos)

Boas novas que recoñecen o gran traballo que desde Camariñas está a realizar a agrupación socialista do noso concello. O concelleiro camariñán Juan Carlos Canosa Marcote foi incluído, como suplente, na lista dos socialistas coruñeses ao Senado, aprobada hoxe no Comité Federal do Partido Socialista Obrero Español. Xunto con Juan Carlos Canos a concelleira de Vimianzo, Paula Mouzo Maceiras, figura igualmente como suplente á lista do Congreso.

Todos somos conscientes de que, en circunstancias normais, ningún deles figura en postos de saída pero estas inclusións teñen un gran significado de que a Costa da Morte e Camariñas en particular gañaron nos derradeiros anos un gran peso político nas estruturas do partido que está chamado a gobernar España os próximos catro anos. Deste Comité Federal, máximo órgano entre congresos do PSOE, forma parte a camariñana Marisol Soneira que seguro que algo tivo que ver coa inclusión de Juan Carlos Canosa e Paula Mouzo nestas listas. Unha boa noticia, sen dúbida, para a familia socialista da Costa da Morte.

979 Modificado por derradeira vez o Domingo, 18 Outubro 2015 11:32
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.