O Parlamento aproba unha proposta socialista para fixar garantías no voto dos emigrantes

Valora este artigo
(1 Voto)

A Comisión Institucional do Parlamento aprobou  unha Proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedir a reforma da Lei de Réxime Electoral co obxectivo de garantir un dereito constitucional e establecer as máximas garantías no voto dos emigrantes galegos no exterior. Soneira lembrou que logo das “trabas administrativas” aplicadas nos últimos procesos electorais fan do dereito ao voto unha “misión imposible”, e como mostra sinalou que o índice de participación pasou en poucos anos de superar o 30 por cento a situarse por debaixo do 5 por cento. Estas reformas, engadiu, “introduciron obstáculos administrativos de carácter insuperable na maioría dos casos”.

A deputada socialista acusou ao PP de retrasar a tramitación da proposición de modificación da Lei de Réxime Electoral Xeral aprobara por unanimidade no Parlamento de Galicia para homoxeneizar o voto das persoas residentes no exterior co resto da cidadanía. Esta iniciativa, explicou, foi defendida no Congreso dos Deputados en marzo de 2014 e resultou admitida a trámite, e se mantivo paralizada dende entón ata hoxe.

Engadiu que “se o Presidente da Xunta puxera o mesmo empeño neste asunto que o que está poñendo en liquidar o Centro Galego de Bos Aires xa estaría solucionado”. No mesmo sentido criticou a viaxe de Rueda a Arxentina, quen, segundo Soneira, “vai a certificar a felonía que están cometendo co Centro Galego mentres Feijoo, que era o previsto para viaxar, agóchase e mira para outro lado”

Os socialistas reclamaron no Parlamento que a Xunta se dirixa ao goberno central para “promover o debate da Proposición de Lei do Parlamento de Galicia” para “rematar coa marxinación da cidadanía española residente no exterior dos procesos electorais nos que teñen recoñecido o dereito ao voto”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:


O Parlamento insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado para que promova o debate da Proposición de Lei do Parlamento de Galicia, tomada en consideración polo Congreso dos Deputados en marzo de 2014, a fin de modificar a Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral e rematar coa marxinación da cidadanía española residente no exterior dos procesos electorais nos que teñen recoñecido o dereito ao voto.

Mentres non se produza ese debate e a conseguinte modificación da Loreg, destine recursos humanos e materiais, e habilite mecanismos administrativos que faciliten e promovan a participación dos galegos e das galegas, e de tódolos españois, que residen no exterior en tódolos procesos electorais que se celebren en España”.

811 Modificado por derradeira vez o Mércores, 14 Outubro 2015 15:06
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.