CURSOS DE OFIMATICA NO CENTRO DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS

Valora este artigo
(2 Votos)

Neste mes de outubro a aula de informática do Concello de Camariñas organiza unha serie de cursos de informática dentro do módulo "Formación dixital básica". O obxectivo dos cursos será iniciarse no mundo da ofimática e vai dirixida prioritariamente  a persoas maiores, desempregados, os empresarios camariñáns e todos aqueles colectivos que por algún motivo estean excluídos das TIC.

A aula CeMIT de Camariñas está dentro da rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica,  unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta da Galicia.

A programación desenvolverase dacordo co seguinte calendario  e en horario de 09 a 14 horas:

- Procesador de textos: Dias 5, 6, e 7

- Presentacións: Días 8, 13 e 14

- Folla de cálculo: Dias 19, 20, 21, 22 e 23.

- Base de datos: Días 26, 27, 28, 29 e 30.

O Concello de Camariñas mantén un programa permanente denominado AULA ABERTA que dispón de 10 ordenadores para navegación por internet, formaciçon online e elaboración de traballos escolares e profesionais. O acceso é libre e sin custes para os usuarios e conta con apoio e titorización dun axente TIC. Esta aula ten un horario de 09 a 14 horas de luns a venres.

Para calquera información o concello pon a disposición das persoas interesadas un número de teléfono, unha dirección de correo electrónico, redes sociais e páxina web:

981 73 65 06

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

www.camarinas.net

http://cemit.xunta.es

www.facebook.com/adlcamarinas

 

806 Modificado por derradeira vez o Martes, 06 Outubro 2015 21:16
Máis en esta categoría:

Artigos relacionados (por etiqueta)

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.