Amigos da Terra realizará a segunda xuntanza do programa de Fogares Verdes no Concello de Camariñas

Valora este artigo
(5 Votos)

Amigos da Terra colabora co Concello de Camariñas na posta en marcha do programa Fogares Verdes, unha campaña de educación e sensibilización ambiental fronte o Cambio Climático, baseada na redución do consumo de enerxía, auga e transporte a nivel doméstico a través de pequenos xestos diarios.

O reto proposto por este programa ás familias participantes é o de acadar unha redución de como mínimo un 5% (como establece o protocolo de Quioto) nas súas emisións de CO2 , o cal se verá reflectido nas súas facturas de auga e electricidade, todo isto seguindo uns sinxelos consellos.

Este proxecto, no que participan 15 fogares do Concello de Camariñas dende agosto ata decembro deste ano, consta dunha fase formativa, composta por tres xuntanzas de grupo, que iniciamos o luns 31 de agosto e que continuaremos con esta segunda xuntanza o 5 de outubro, e unha fase práctica individualizada na que as persoas técnicas de Amigos da Terra visitarán familias participantes para axudarlles a implementar diferentes medidas de aforro e así mesmo facer un seguimento do programa. Algunhas de estas familias tamén están participando no programa de auditorías enerxéticas que Amigos da Terra leva a cabo con máis de trinta familias galegas.

Nesta segunda xuntanza, ademais de dar seguimento ás tarefas propostas na primeira xuntanza, analizaremos en grupo o funcionamento do mercado eléctrico en España, mostrando as súas liñas básicas de funcionamento, os actores principais e a súa responsabilidade na incomprensión xeneralizada da poboación respecto a este mercado. Por último afondaremos na interpretación da factura eléctrica para que as persoas asistentes identifiquen que é o que lles están cobrando e porque nos seus recibos de electricidade, que potencia e tarifa lles podería resultar máis rendible ou a que comercializadoras éticas poden acceder.

O único requisito para formar parte do mesmo, é ser veciño/a do Concello de Camariñas, e estar disposto/a e motivado/a a formar parte deste proxecto educativo e formativo.

O proxecto está financiado por Amigos da Terra, pola Deputación de A Coruña e polo Concello de Camariñas.


749 Modificado por derradeira vez o Martes, 06 Outubro 2015 09:36
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.