50 FAMILIAS VELARON AOS SEUS SERES QUERIDOS NO TANATORIO MUNICIPAL DE CAMARIÑAS NOS SEUS DOUS ANOS DE VIDA

Valora este artigo
(7 Votos)

Ate a publicación deste artigo 51 familias velaron aos seus seres queridos no Tanatorio Municipal Fernández Espín, segundo nos informan fontes do goberno municipal. Familias de tódalas parroquias do concello que ate fai pouco tempo víanse obrigadas a velar aos seus defuntos en Vimianzo ou no propio fogar.

O Tanatorio Municipal foi unha vella demanda da cidadanía camariñán que viu a luz polo esforzo e a determinación do alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, e polo equipo de goberno que o apoia. Pola contra recibiu un rexeitamento frontal por parte do Partido Popular e outras organizacións próximas a el, que non dubidaron en converter este asunto no eixo central da súa oposición política na anterior lexislatura municipal, con recurso aos tribunais de xusticia incluído.

Que os habitantes de Camariñas desexaban esta infraestrutura manifestouse no apoio masivo outorgado á candidatura dos socialistas e a Pichurri nas pasadas eleccións locais e nun castigo máis que evidente á candidatura que encabezou Mauricio Aufiero.

O que parece fora de toda dúbida é que o Tanatorio Municipal está plenamente asumido polo conxunto da cidadanía camariñán, incluso por aqueles que rexeitaban a súa construción, que dispón deste servicio ao pe da súa residencia e non teñen que desprazar aos seus defuntos lonxe do seu contorno familiar e social, xa que son contadas as familias que non recorren a el nos momentos tristes do pasamento dun familiar.

1151 Modificado por derradeira vez o Luns, 05 Outubro 2015 18:56
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.