OS SOCIALISTAS NON MORREN, SEMÉNTANSE

Valora este artigo
(14 Votos)

Esta frase de Pablo  Iglesias, o fundador do PSOE, define perfectamente á Sra. Maruja que hoxe acaba de deixarnos para seguir sementando socialismo alí por onde se atope. Os socialistas  tratámonos de compañeiros e de ti,  pero a Maruja da Cotarra sempre lle chamamos Sra. Maruja e xa ninguén tiña dúbidas de a quen nos referíamos. Porque Maruja era unha SEÑORA con maiúsculas.

Era desas mulleres galegas que, diante da adversidade, tomaron a responsabilidade de sacar a familia adiante sobre as súas costas e non dubidou en tomar o camiño da emigración, en solitario, na procura dun futuro que a España de Franco lle negaba. E con ela foron sempre os seus ideais, que nunca esqueceu e dos que nunca renegou. 

A Sra. Maruja sempre tivo conciencia de clase porque sabía moi ben de onde viña e o futuro ao que quería chegar. Ela sabía moi ben quen eran os “seus”: os perseguidos polas ideas, os traballadores explotados, as persoas sometidas á inxustiza, os débiles da sociedade, os diferentes e todos aqueles que necesitan da solidariedade para ser libres e iguais aos demais. 

Os socialistas de Camariñas hoxe sentímonos tristes porque unha das nosas deixounos pero, ao mesmo tempo, sentimos un lexítimo orgullo por contar entre os nosos con xente coma a Sra. Maruja. Descansa en paz compañeira e, dende onde te atopes, cando alguén pregunte por unha socialista sabemos que ti sempre berrarás: Presente!

1304 Modificado por derradeira vez o Luns, 07 Setembro 2015 19:36
Máis en esta categoría:

Artigos relacionados (por etiqueta)

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.