Toma de posesión da Alcaldía do Concello de Camariñas: 36 anos de goberno socialista

Valora este artigo
(8 Votos)

O Próximo sábado día 13 as 12 do medio día, os nosos Compañeir@s tomaran posesión das súas actas de concelleiros e Pichurri será elixido por terceira vez Alcalde do Concello de Camariñas na primeira ronda, xa que outra vez máis temos MAIORÍA ABSOLUTA.

A vontade dos cidadáns, libre e democrática, expresada nas urnas o pasado 24 de maio, decidiu que o PSOE  de Camariñas converterase nun caso único en Galicia, e case  que de España o ser o partido que goberna durante 36 anos un Concello, e a maior partes das veces con Maioría absoluta.

En estes momentos previos a toma de posesión queremos mostra a nosa gratitude cara os veciños do Concello de Camariñas, os que nos votaron por a grande distancia en votos a que quedaron os partidos da oposición, e os que con toda lexitimidade preferiron outras opcións políticas, e queremos deixar constancia  da nosa satisfacción por a alta participación democrática.

Tamén queremos manifestar a  nosa máxima consideración os membros da corporación saínte a Rossana e Maite, sabemos que seguirán traballado arreo por este gran Concello, e tamén queremos recoñecer o traballo do resto da candidatura, sabemos que vos temos aí para o que necesitemos.

Os conselleir@s que tomarán posesión recordámosvos que serán:


- Pichurri.
- Sandra.
- Sese.
- Juan Carlos.
- Sergio.
- Gemma.
- Campaña.

Despois da toma de posesión terá lugar a tradicional comida de Interventores e apoderados que traballaron nas derradeiras eleccións municipais 2015 que contituiron outra abrumadora maioría para os Socialistas do Concello de Camariñas.

1511 Modificado por derradeira vez o Xoves, 11 Xuño 2015 18:43
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.