O PSOE de Camariñas arrasa nas eleccións municipais 2015 e logra outra abrumadora maioría absoluta

Valora este artigo
(14 Votos)

O Partido Socialista de Camariñas volve a gañar as eleccións con MAIORÍA ABSOLUTA e cunha vantaxe de 601 votos ó PP. O PSOE gañou as eleccións municipais por maioría absoluta, e xa van a ir 36 anos de gobernos socialistas no noso concello.

O noso maior agradecemento a todas as persoas do Concello de Camariñas pola masiva participación nas eleccións e que fan que esta vitoria sexa aínda máis grande. Agradecemento especial as 1.904 persoas que nos votaron, e a toda a xente do noso partido que traballou moi duro para chegar a este momento.

Foron catro anos duros; de denuncias, de insultos, de mentiras, de soportar unha oposición que tratou de enganar e dividir o pobo, pero estamos aquí, con maioría absoluta,  e estamos con unha vitoria clara e rotunda onde gañamos os demócratas, nas urnas.

Temos o mellor Alcalde que se pode ter, traballador, honrado, que sempre vai de fronte con unha capacidade de traballo incrible, temos os mellores concelleiros, e sobre todo temos o mellor Partido.

Gracias a todas as persoas de este gran Concello que é Camariñas.

1738 Modificado por derradeira vez o Luns, 25 Mai 2015 16:06
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.