Entrevista a Pichurri, candidato a Alcalde polo PSdeG-PSOE no Concello de Camariñas

Valora este artigo
(5 Votos)

Leva 8 anos de alcalde,pero xa antes todos o coñeciamos,foi o fotrografo de Camariñas durante moitos anos,e non solo iso,foi o amigo,o compañeiro que sempre estaba ahí para axudar cando a xente o necesitaba.Carismatico a mais non poder volvese a presentar a alcaldia.

A pesar de que algúns intentaron que non te presentaras,volves con mais ganas que nunca a presentarte...

Si,eu son unha persona honrada,e que o unico que fixen foi abrir as portas do tanatorio a unha familia que o necesitaba,e volveria a facelo outra vez si alguén o necesitara. O apoio dos militantes e da executiva socialista foi primordial.

Foron catro anos intentos, de denuncias, de insultos... ¿como se leva o estar continuamente atacado?

Vos xa me coñecedes, sabedes que eu podo con todo, e que as cousas hai que tomalas de quen veñen, eu leveino ben. Pero teño familia, e esta xente non ten decencia nin dignidade. Queren gañar nos xulgados o que non son capaces de gañar nas urnas. Cando o unico que fas e insultar,e que non tes mas argumentos.

Que foi o mas importante do feito estes anos?

Para min o mas importante foi o PXOM. Foi a obra mas importante destes ultimos anos. Legalizamos casas que estaban ilegais e puxemos en orden todo o concello. É unha obra que non se ve, pero que é imprescindible para un concello. De feito os concellos veciños póñennos de exemplo. Cos anos verase a importancia do Plan Xeral. E a outra obra imprescindible foi o Tanatorio Municipal Irmáns Fernández espín. Non se concibe un concello sen tanatorio. A pesar de todas as mentiras que contaron, de todas as denuncias e as zancadillas que intentaron poñernos esa obra fui adiante, e ahí está para uso de todos os veciños.

Que proxectos tendes en mente para os proximos catro anos?

Moitos,e moi importantes tamén.Queremos conseguir un centro de dia para os nosos maiores en Camariñas.É unha obra imprescindible,e xa temos o sitio no PXOM para construilo.Seguiremos pedindo a terceira fase da fachada maritima para Camariñas,remodelaremos a plaza da Ponte,a de Camelle,Santa Mariña...lucharemos polo saneamento de Xaviña....moitas cousas que loitaremos por conseguir.

1374 Modificado por derradeira vez o Sábado, 23 Mai 2015 16:30
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.