Entrevista a María José Gerpe Martínez, Candidata por Camariñas polo PSdeG - PSOE

Valora este artigo
(6 Votos)

Ela chamase María José,pero todos a conocemos como Sesé,a de Choniño,filla dun dos mellores patrón maior da historia de Camariñas.Pero ela é unha crack por si mesma,traballadora,intelixente,e con unha sonrisa eterna para todo o mundo.Desta vez atrevese ca politica,algo que sempre lle apasionou.

Quen che propuxo ir na lista do PSOE?

Propuxomo Pichurri.

Dudastelo en algún momento?

Cando mo propuxo non mo esperaba,hasta pasei noites sin dormir!!!jajaja!pensaba na responsabilidade que supoñe,si cadraria horarios.E si me arrepentiria si decia que non...E despois dixen que si,a min encantame a politica,e eu penso que si  o fas  con respeto,pois respetanche,ou asi teria que ser.E ademais somos as persoas da nosa edad as que temos que involucrarnos,para loitar polo noso futuro.E bueno,pediomo Pichurri,e eu queroo acompañar.

¿Que pensas de todo o feito polo PSOE nos ultimos anos?

Pois que fixeron moitisimas cousas necesarias para o pueblo.Por exemplo o PXOM,que non todos os politicos son capaces de facelo,pero que é indispensable para un concello,outros poñennos de exemplo,como falaron os politicos de Fisterra e Muxia na radio.E o tanatorio!que non se concibe un pobo sin tanatorio!Pichurrri loitou moito por estes dous proxectos,a pesar de todas as trabas que lle puxeron.

¿Cal é a tua opinión sobre o ambiente politico en Camariñas nestes ultimos anos?

Mui mal,penso que a oposición está para criticar, pero tamén para axudar.E ca actitud que teñen o unico que fan e dividir o pobo. Nas cousas importantes temos que remar todos na mesma dirección, temos que convivir todos con respeto,e despois que sean os veciños os que decidan nas urnas, e hai que respetar o que decida a maioria, non insultar nin denunciar para intentar ganar nos xuzgados o que non se gana nas urnas.

¿Por que entras en politica?

Bueno, primeiro porque me gusta, tamén para apoiar a Pichurri, e porque quero loitar polo meu pobo. Quero axudar ó sector pesqueiro, os rapaces que compran barcos para intentar ganar a vida en Camariñas, loitar para que podan pescar, e non ter esas cuotas ridiculas. Teño moitas cousas na cabeza, por exemplo, encantariame que Portos de Galicia arreglase a lonxa vella, a fachada maritima, seguir loitando por ela que acaban de decir que non. Tamén me gustaria que os mariñeiros tiveran outras opcions de traballo, por exemplo o turismo mariñeiro. E algo que me encanta e que me gustaria facer, sería apoiar os xovenes para que estudien, a educación é a riqueza dun país, por exemplo talleres de motivación, clubs de lectura, un monton de cousas! Tamén seguir apoiando o turismo, a gastronomia da nosa zona...e inculcar a xente que coidemos o que temos, que os servizos e o mobiliario urbano son de todos.

Vamos con Pichurri, ¿cal é a tua opinión sobre el?

E unha excelente persoa, honrado sin ningunha duda, eu poñeria a man o lume por el. Conozo de toda a vida,desde que vivia en Corea e eramos veciños,así que pode que a miña opinión non sea mui obxetiva,pero eso sirveme para conocelo mellor,e sei que é unha boisima persoa,que sempre está ahí para axudar a todo o mundo,non solo ahora que é alcalde,senón de toda a vida,a quen viñera pedirlle calquera cousa,e sin cobrar un peso,facio de corazón,e eso sabeo moita xente do pobo,que quizais ahora falan mal del.Eu recordo unha anecdota,que sempre contan os amigos del,que estaban cenando na casa duns amigos,xa era moi tarde,e chegou alguén pedindo por favor si podian levala a Vimianzo porque o seu home estaba moi mal e necesitaba morfina. E foi Pichurri o que se levantou da mesa e marchou ca señora. Eso fala de como é como persoa. El é un home que loita polos seus veciños, que ten un gran sentido da responsabilidae e que traballa horas e horas, case todo o dia para levar adiante os proxectos para o ben de Camariñas. E eso que lle fan a vida imposible.

E finalmente, ¿que lle dirias a xente para que vaia a votar o PSOE o 24 de Maio?

Que fagan uso do seu dereito ó voto, que é algo que nos costou moitisimo conseguir, sobre todo as mulleres. Que voten ó PSOE,que somos unha candidatura con moita xente xoven, e xente con moita experiencia, que miren todo o que está feito. Que elixan a un partido que defende a igualdade, a sanidade pública e a educación para todos. É moi importante ir a votar para construir o mundo que queremos.

1797 Modificado por derradeira vez o Venres, 22 Mai 2015 17:49
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.