Entrevista a Sandra Ínsua Rial, candidata pola Ponte do Porto polo PSdeG - PSOE

Valora este artigo
(11 Votos)

Para nos é a nosa Sandriña, unha persoa boísima, que sempre está disposta a axudar a quen o necesite. A que sempre nos saca unha sonrisa ca súa forma de ver a vida. Ca que calquer veciño do Concello de Camariñas pode contar en calquer momento.

Xa levas anos de Tenente de Alcalde e eres unha  das persoas máis queridas da corporación municipal, ¿que sifgnifica para ti o teu traballo na política?

É e a cuarta lexislatura na que me presento, moi ilusionada.  A diferencia de fai doce anos, moito máis coñecedora dos problemas da xente. Estamos repartindo os votos e antes de entrar en casi cada casa xa sei o que me van a pedir, o que non lle puden facer, as cousas en que lle pudemos axudar, etc...

Ademáis eres concelleira da Mostra, traballo difícil nos últimos anos debido ós recortes, ¿como afectaron o voso traballo?

Como concelleira da Mostra, síntome enormemente orgullosa, de ano tras ano subir en visitantes e con menos recursos que nunca. Foi unha área na que me encontrei moi comoda. Conecto moi ben coas palilleiras. Fomos a moitos encontros por toda Galicia. Levamos a Mostra polas grandes ciudades de España, creamos a Mecam que é unha paxina de venta de encaixe por internet,  temos todo feito para aprobar en pleno a Marca Rexistrada Encaixe de Camariñas, etc, etc... En fin que me gustaria repetir jajajaja

A tua Ponte, ¿de que te sintes máis orgullosa do feito no teu pobo?

A miña Ponte!!!! Fixéronse moitas cousas non solo nesta legislatura. A traida de agua municipal, a depuradora de Dor,  cerramos  o vertedoiro da Grixa. Mais orgullosa... aínda que para o pueblo as que acabo de decir son as máis importantes.

¿E cal o proxecto que mais che ilusiona para os próximos catro anos? .

A que máis me gusta é o Campo de Futbol se tuvera a herba artificial seria perfecto pero vou a pelear para conseguir poñerlla. E sin dúbida o gran proyecto para a Ponte e conseguir o paseo pola Xunqueira pero eso pasa por ter o goberno en Madrid.

Estes últimos anos foron complicados polos ataques recibidos dende a oposición, ¿que foi o peor para ti?

Da oposicion non tuven ningun problema con eles, o contrario despedimonos no ultimo pleno sin problema. Con algun SER que se esconde detras dunha pagina, cobarde, que quiso facer partidos independientes mellor non quero nin falar solamente decir eso que é un cobarde.

Ainda así hubo bos momentos, ¿cal destacarías?

Bos momentos hubo moitos, e malos tamén eh! que as dimisions dos meus compañeiros, sobre todo Mari Carmen a Malagueña, ela mismo pediu quedar sin asignacion para que o seu sueldo se invertise en outra cousa e hoxe esta na sua Malaga natal. O dia do pleno de dimision caéronme as lágrimas, marchou Merce, Juanillo, Luis tamen en Suiza.

Este ano renovouse a lista, aínda que con xente vinculada ó socialismo e ó movemento asociativo. Un deles foi Fran e Rosana sigue, ¿que destacarias deles?

Fran e Rosana son como todos os da lista sobre todo moi boas personas. Rosana é unha gaita na festa siempre dispuesta a todo pero que tamen tuvo que reorganizar a sua vida para ir para Coruña e deixar o seu Dor natal. Os tres vamos luchar máis pola Ponte e ahora com Fran mellor aínda él está pola Ponte todo o día e estará en contacto conmigo cando a xente lle transmita algún problema. Fran é un todoterreno foi un fichaje espectacular senón al tiempo...

¿Que lle dirias a xente da Ponte para que fose a votar o PSOE o 24 de Maio? 

A todo o concello e non solo a xente da Ponte diríalle que hai que ir a votar a Pichurri porque é un alcalde valiente, que non lle ten medo a nada e que consigue todo o que se propoñe e que enfrente non hai nada, tan só un grupo de personas que pouco van a facer se non se desvinculan dese "ser" cobarde e calumniador.

1696 Modificado por derradeira vez o Venres, 22 Mai 2015 17:12
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.