Entrevista a Juan Carlos Canosa Marcote, candidato por Camelle polo PSdeG-PSOE

Valora este artigo
(6 Votos)

Gran persoa e gran compañeiro,asi poderiamos definir a Juan Carlos, o concelleiro por Camelle que volve a repetir na lista do PSOE. Moi involucrado en todo o referente ó seu pobo, está moi ilusionado co proxecto de Man, que pronto verá a luz.

Desta vez vas nos primeiros postos despois da tua experiencia como concelleiro,que tal foi a mesma?

Moi positiva,  a min sabes que me gusta moito a política que a vexo como a única maneira de cambiar a sociedade e progresar, así que participar en un EQUIPO de Goberno onde se fan cousas e cousa boas non hai nada millor

Tocouche  relevar a Merce,que loitara moitismo polo pobo,supoño que sigue estando ahí en todo o que necesites non?

Merce, claro sempre está a botar unha man, eu en cada proxecto falo con ela, coñece moi ben a xente de Camelle, agora vive máis tranquila que ben o merece.

¿De que te sintes mais orgulloso, de todo  o feito en Camelle?

O progreso de Camelle sempre estivo da man dos Socialistas, as grandes cousas sempre viñeron da mán do noso partido, así cando estivo Roque trouxo a auga para Camelle, con José María ven o paseo Marítimo que transformou Camelle, Yola conseguio a Casa do Alemán unha casa que sempre está aberta e chea de Xente, a Merce e a máis a min tocáronos tempos de poucos cartos para grandes proxectos pero milloramos e xestionamos ben. E da mán de gobernos socialistas da Xunta coseguimos facer o dique do abrigo do porto de Camelle a depuradora de Camelle-Arou, o dragado do porto, e a rexeneración da pria, casi nada.

¿E que proxectos tendes en mente para os próximos catro anos?

No noso programa van proxectos como a instalación de un novo chan no parque infantil do Colexio de Camelle, o cal renovamos completamente, facer esta vez ben a Rúa de Fornelle, queremos poñer en valor o Campo do Santo para que sexa un punto de encontro da xente, Temos problemas na Rúa Principal co saneamento e vamos a renovalo enteiro, intentaremos ampliar e mellorar a carretera que vai de Arou a Camelle, hai unha cousa que non depende de nos pero temos que reclamar a Deputación que fagan de unha vez as aceras hasta Camelle de Arriba, e sobre todo continuar co a posta en Valor do Legado de Man. Bufff casi nada. 

Man e unha das cousas nas que mas te involucrastes, ¿como vai o proxecto?

"MAN:Mar, Arte e Natureza" é un proxecto que empezamos a traballar nel en xaneiro de 2014, aprobaronnos o proxecto en Agosto do 2014, e temos que rematalo a finales de xunio. O próximo 5 de xunio inauguraremos  o Museo do Alemán, o cal estades todos invitados, hai un gran traballo detrás feito por excelentes e reconocidos profesionales, e que sin dúbida será o orgullo do pueblo de Camelle. Sei que algunha xente poda sentirse excéptica despois de tantos anos, pero agora eu dígolles que ESTA VEZ SI. 

¿Como ves o ambiente en Camelle de cara as próximas eleccións sobre todo ca incorporación de Pabllo e Susa?

En Camelle temos unha base electoral fija, que nunca fallan, esta vez incorporamos xente como Susa e Pablo que van a conseguir votos onde non os tiñamos, estou ilusionado.

Que lle dirias os camellans para que fosen a votar o PSOE o 24 de Maio?

O primeiro que vaian a votar, ainda que sexa o día do Patron o Espirito Santo que vaian, e que vexan o que fixeron os Socialistas por este pueblo, no somos xente con experiencia no goberno que non enganamos a naide, que escoitamos, xente ilusionada e que temos o millor alcalde que podíamos ter. 

Pichurri ten unha capacidad de traballo que non lle igula naide, defende este concello en todas partes, non se esconde, afronta os problemas de cara, e non hai naide que lle poda botar en cara nada.  

1466 Modificado por derradeira vez o Venres, 22 Mai 2015 14:38
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.