Entrevista a Sergio Caamaño Fernández, Candidato por Xaviña polo PSdeG PSOE

Valora este artigo
(8 Votos)

Sergio leva xa anos traballando para os cidadáns de concelleiro pola súa querida parroquia de Xaviña. Home tranquilo, como todo bo xaviñán, comezou (e segue) o seu traballo a prol dos seus veciños no asociacionismo da súa parroquia. Se lle preguntamos cal é para él o lugar máis bonito do mundo seguro que nos responderá que O Ariño e que o mellor grupo de gaitas está en Xaviña e chámase Abrindo Rejo.

Xa levas anos como concelleiro por Xaviña, ¿que destacarías de todo o feito na túa parroquia estes anos?

Sí, oito anos ao servizo do meu pueblo. Son muitas os investimentos que se fixeron en Xaviña. Supoño que se teño que escoller só un, escollería o Ariño. Fui unha obra que beneficia a un sector productivo como son as mariscadoras e que a medio prazo pode crear emprego no sector turístico. Na miña imaxinación vexo un quiosco na praia no verán, actividades de ocio e tempo libre, e o destino por excelencia para o público familiar.

¿E cales son os proxectos para a túa parroquia?

Temos en mente sanear, pavimentar e poñer en valor. Refírome a sanear porque esta ten que ser a lexislatura na que consigamos que a Xunta nos faga o saneamento da nosa parroquia de Xaviña. Confórmome cos colectores principais. Se fan a conexión á Dor, pouco a pouco o Concello poderá ir enganchando os pobos. De feito o Sixto e a pista da igrexa xa teñen tubos de saneamento. Xa ves, facemos as obras con vistas ao futuro.

Cando falo de pavimentar refírome a que nestes catro anos seguiremos mellorando os pavimentos das nosas rúas. As nosas miradas estarán postas na pista do cemiterio, na vía principal de Xaviña que vai dende o Sara ao Ariño e en moitos outros lugares de Xaviña, Brañas Verdes e Santa Mariña.

E cando digo poñer en valor é porque, ao igual que fixemos na igrexa de Santa María de Xaviña, queremos poñer en valor o entorno da capilla de Santa Mariña.

Estes últimos catro anos foron moi intensos debido a táctica da política de enfrontamento do PP, ¿cal foi o momento máis complicado?

Non podo elixir un momento, porque estes anos estivemos sufrindo verdadeiros ataques, sobre todo directamente Pichurri. Non admito que persoas que non viven no Concello de Camariñas decidan por nós. Foron moitos momentos:

Que Patrimonio tarde 8 meses en autorizar unha licenza de obras no termo municipal. E menos cando temos un plan urbanístico recén aprobado e que eles revisaron.

Que Augas de Galicia teña parada durante un ano unha autorización para arranxar un camiño.

Que Medio Ambiente nos rexeite proxectos que só buscan mellorar a zona de Reira.

Que Rajoy nos impoña un imposto de contribución tan alto e que cínicamente a futura oposición se atreva a dicir que o vai a baixar. Pero bueno Rajoy tamén dicía que non iba subir o IVA.

Que Feijoo nos faga recaudar o seu canon da auga multiplicando por dous ou tres o noso recibo. Nós a poñela cara e el dende a Xunta cómodamente a recibir os cartos.

Que Sanidade tarde meses en enviar a un técnico que nunha hora dou o visto bó a un tanatorio.

Xa che digo, moitos momentos. Creo que temos demasiadas administracións. E para min a principal son os Concellos. Somos os máis cercanos.

¿E o momento máis satisfactorio?

O máis satisfactorio é ver a sonrisa dos veciños e veciñas e escoitar un sinxelo grazas cando conseguimos resolverlle algún problema.

Levas o tema de turismo, ¿que lle dirías aos que din que non se fai nada?

Camariñas é un municipio turístico vinculado ao mar. Estes anos fixemos uns proxectos que alcanzaron a cualificación necesaria para conseguir o financiamento. A mellora da área recreativa do Ariño; Camariñas, o mar todo e Man: mar, arte e natureza son os froitos do noso traballo. Revistas do sector turístico e importantes líderes de opinión dese mundillo falan maravillas de Camariñas. Estamos á cabeza e eso ninguén pode negalo.

Xaviña sempre demostra o seu apoio nas urnas ao PSOE, ¿cres que volverá a ser así?

Non me cabe dúbida. Xaviña arróupanos fortemente, por iso o PSOE temos que corresponder da mesma maneira. Síntome moi orgulloso e agradecido de todos os veciños do meu pueblo.

Na lista acompáñate Chuco, seguro que será un bo apoio nestas eleccións.

Chuco leva toda a vida traballando para o partido socialista e mirando polo pueblo de Xaviña. É unha excelente persoa, intelixente e con moita experiencia. Aprendo moito ao seu lado e sempre me asesorou ben. Telo na lista é unha auténtica honra.

Que lle dirías aos xaviñáns para que voten ao PSOE o 24 de maio?

Pueblo de Xaviña, necesito que este domingo veñades a votar por nós. Queremos gobernar para todos e o voso apoio maioritario fará que gañemos estas eleccións. Xa sabedes que me tedes para o que necesitedes e espero estar a altura das vosas necesidades. Vota PSOE. Vota Pichurri.

1705 Modificado por derradeira vez o Xoves, 21 Mai 2015 11:01
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.