VOLVE O LORCHO DO SEU EXILIO

Valora este artigo
(7 Votos)

Aquí estou de novo, meus. Fai xa muitos meses que me apartein dos asuntos mundanos xa que os meus comentarios, sempre ácidos, disque eran un pretexto para destapar o lado mais podre dos sapos e demais alimañas velenosas que tanto abundan no ciberespacio. Deixei estas páxinas, por un tempo, porque as obras no Muelle Novo non me daban un minuto de tregua e a miña ferga foise o carajo. Esta tropa pepeira por onde vai arrasa con todo! Pero tamén me apartein  esperando que algún reflexionara un chisco. Pero cá! Nin por asomo. Os sapos purulentos seguen chuspindo ponzoña fedellenta pola súa boca podre. Non o poden evitar. Está na súa naturaleza.

Aquí tendes de novo, outra vez, á brigada de cachalotes sementando merda contra todo o que se mova. Para eles non hai espacio para a crítica da obra chapuceira do meu Muelle Novo. Volven, unha vez mais, a utilizar a terceiros para denunciar ao alcalde xa que parece que non lles chegou que outra “miña xoia” o fixera no pasado. E seguro que virán mais porque, como O Profeta da Perfidia non viu cumprido o seu desexo de que o PSOE apartase a Pichurri da lista electoral dos socialistas de Camariñas, a rabia e envidia non lle deixan pegar ollo. A este fulano vaille dar un aire con tanto profetizar males, para os demais, que nunca se cumpren.

Hai, miña Santa Sirenita, vaia tropa esta do PP de Camariñas! Póñense a parir entre eles. Rachan e desfán a súa casa. Desprecian aos que fai catro anos ensalzaban e vendían como os mellores, e fichan para ocupar os seus postos a algún que non ten outro mérito que facer ondear as bandeiras do PSOE durante anos. Este mundo está feito unha calamidade, meus! Solo me aparto un tempo da primeira liña do Muelle Novo e isto vólvese un cáos.

E que me contades das “obras” do Muelle Novo? Hai que jo......! Este tipiño que preside Portos ten un morro que o pisa. Cando ven de visita trae con el a todo o séquito do PP, coma se o porto e a Xunta foran deles e esquece a todos, e todas, que non son da súa corda. Trae unha deputada de Carnota e a un deputado de Carballo e “esquece” a outra deputada, vicepresidenta do Parlamento, que casualmente é de Camariñas...! o dito,  un fenómeno este home que di que non ten cartos para acabar a III fase da fachada marítima pero estraga varios miles nun rebacheo indecente da explanada do muelle ou fai campaña electoral noutros portos anunciando investimentos cando as súas flotas van a menos ano tras ano. Mentras, nun dos portos que mais medra en Galicia, nin patacón. E os pepeiros e  os cachalotes non din ren. Vaiche boa meu home. 

A quen escuito totalmente alporizados é os mariñeiros do cerco a quen o de Rajoy e o goberno de Feijoo están masacrando economicamente. Hai que escoitar o que din! O seu nivel de cabreo está acadando niveis descoñecidos para min. E os pepeiros, os cachalotes  sen abrir a boca. Non vai con eles.

Por hoxe quedo aquí pero volverei. E tamén os meus primos de Camelle e de Santa Mariña. Se alguén pensou que estiráramos a aleta están mui equivocados. Astra outra outra mellorada, meus.

1888 Modificado por derradeira vez o Mércores, 06 Mai 2015 18:28
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.