UNHA DE CALLOS E DE BOA COMPAÑA. E A QUEN LLE PICA...

Valora este artigo
(9 Votos)

Xa me queda pouco de estancia porque o traballo agárdame en Berna. Non queda outra, que non están os tempos para xogar co curro. Eu, de boa gana, ben quedaba aquí na pola da miña figueira do Riás pero a vida é como é.

O sábado fun a comer os callos do 1º de maio que, cada ano, organizan os socialistas. A verdade é que da gusto estar con xente colaboradora e simpática que se xuntan para celebrar o Dia do Traballo. Houbo tortilla, empanada e, por suposto, callos. E café de pota e un licor café que quentaba o corpiño. E houbo cantareas, e bo humor e conversas amigables entre xente que colaboran cada ano para facer esta comida posible.

Contáronme que a comida é froito das achegas que fan entre todos. Uns fan unha pota de callos, outros levan uns chourizos, outros unhas empanadas ou tortillas e así, nun traballo froito da colaboración, organízase unha comida modesta pero moi gratificante.

E, como cada ano, xa está o vomitorio cibernético criticando ao PSOE local por esta celebración. Nunca deixa de sorprenderme que se critique o que fan os demais, de xeito gratuíto, cando o que  agochan as críticas non é mais que a propia frustración pola incapacidade de xerar no seu contorno unha dinámica social semellante. Da a impresión que hai quen naceu para criticar por criticar.

E como eu sempre estou coa orella posta, escoitei a moitos dos asistentes xurar en euskera polo “arranxo” que Portos de Galicia fixo no Muelle Novo. Como non daba crédito ao que alí contaron funme a dar unha volta por alí e quedei abraiado. Na miña vida de paxaro nunca vin nada igual. Hai mais pozas alí que furados nun queixo de Grullere. Son tantas e é tal a chapuza que vos recomendo encarecidamente que, os que facedes a ruta do colesterol por alí, suspendades toda actividade os días de chuvia xa que corredes o risco de que un coche vos duche de arriba a abaixo. Á falta da III fase do paseo e do contradique, veña fochancas e toneladas de grava sen orden nin concerto. Quen vería ao vomitorio cibernético se esta obra a fixera Pichurri!

Tamén me contaron que o alcalde ten outra denuncia. Vaia por Deus!! E cantas van xa? A verdade é que este home ten mérito porque dou por certo que outro no seu sitio xa houbera tirado a toalla. Porqué lle terán semellante xenreira? Cal será a causa de que o Partido Popular non atopara outra estratexia que non sexa o recurso xudicial para tratar de derrotalo? A impotencia política? A incapacidade para ofertar un proxecto político crible? Eu ton de min que é, sobre todo, por pura e simple maldade. Os que manexan os fíos no PP de Camariñas, os que de verdade mandan e que non hai tanto  comprometían partidos “independentes”, son mala xente. Mala e incompetente, porque se non non se entende.

Contábame, non fai moito, un vello militante do PP, que como as cousas seguiran así e os destinos do PP os seguira ditando “o de sempre” (non lle puxo nome), Pichurri ía sacar nove concelleiros. Tampouco me pintou un panorama mellor para o PP na comarca xa que, segundo el, incluso estaría en perigo o deputado provincial xa que o do PSOE é seguro e o outro estaría moi disputado entre o PP e o BNG. Non sei o que haberá de certo pero iso da unha idea do malestar que hai entre a militancia histórica da dereita camariñana.

E non é para menos. Os que antes ondeaban as bandeiras do PSOE son os que mandan e opinan e os vellos militantes do PP son desprezados e marxinados. Debe ser o novo partido dos “independientes” que anunciaba o vomitorio cibernético non hai tantos meses. Xente de palabra, si señor.

Eu despídome por agora e agardo estar para o verán con todos vos outra vez. Para esas xa veremos si o que me contaba o vello militante do PP se cumpre ou non. Eu, por un si acaso, xa mandei o meu votiño por correo. A ver si acertein.

Ata o verán próximo e, facédeme caso, nin se vos ocurra ir a pasear polo Muelle Novo nestes días de choiva se non queredes que un coche vos anague de arriba a baixo.

1486 Modificado por derradeira vez o Luns, 04 Mai 2015 18:15
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.