XUDICIALIZAR A POLÍTICA É O RECURSO DOS MEDIOCRES E DOS INCOMPETENTES

Valora este artigo
(16 Votos)
XUDICIALIZAR A POLÍTICA É O RECURSO DOS MEDIOCRES E DOS INCOMPETENTES © www.camarinas.eu

Fai uns días o Partido Popular emitiu unha nota de prensa dando a coñecer que ao alcalde de Camariñas se lle abría xuízo oral por unha suposta prevaricación administrativa, ao permitir que os veciños do concello puideran velar aos seus finados con dignidade no tanatorio municipal. Chama a atención que sexa o Partido Popular quen se faga eco dunha resolución xudicial na que non é parte e na que, teoricamente, non ten nada que ver. Sorprende tamén que haxa xente que manifeste que as súas denuncias non teñen intencionalidade político-partidario cando é un partido político o que se apropia do proceso e o fai seu. Xa sabíamos o que hai pero o acontecido estes días non fai mais que confirmalo.

A dexeneración do Partido Popular en Camariñas acada neste asunto os seus niveis máis altos. Non abonda cos espectáculos que dan tódolos días devorándose entre eles, insultando aos seus órganos provinciais, enganando a incautos con anuncios de creación de novas forzas políticas, animando a irresponsables para que presentaran demandas absurdas contra o alcalde, utilizando instrumentos propios dos incapaces políticos para acadar, fora da política, aquelo que os cidadáns lle levan negando durante décadas. 

Resulta sorprendente que sexa o PP de Camariñas o que pida o cumprimento do Código Ético do PSOE para cun alcalde que o único que fixo foi atender ás necesidades dos seus veciños e das súas veciñas. Claro que o PP solo pode recorrer ao Código Ético do PSOE porque eles non teñen nin código nin ética. Cabe lembrar neste punto que durante tres lexislaturas foron liderados por unha persoa que acumulou decenas de procesos xudiciais por vulneración dos dereitos dos traballadores. 

Pero erran os que demandan o cumprimento dunha norma, que nin entenden nin comprenden, xa que o alcalde de Camariñas, cando teña coñecemento formal do ditado pola autoridade xudicial, ten un período para recorrer e aportar as probas que considere oportunas na defensa da súa honra e do seu correcto proceder. Por exemplo: as múltiples sentenzas que, pola vía civil, lle deron sempre a razón no asunto do tanatorio.

Sería bo, que os reivindicadores dos códigos éticos alleos,  explicaran porqué a administración da Xunta de Galicia utiliza os medios institucionais (de todos) para facer política partidaria. Porqué non denunciaron, os “patriotas” pepeiros camariñáns, a labor obstrucionista da delegación de sanidade da Coruña, que durante meses, negouse a certificar o tanatorio porque os inútiles políticos da dereita camariñana utilizaron esta infraestrutura para enfrontar, dividir e ofender a dignidade da cidadanía? 

O alcalde de Camariñas ten o apoio dos seus compañeiros e das súas compañeiras e, o que é mais importante, conta co apoio abrumador da cidadanía camariñana, hoxe mais que nunca. Solo os inútiles e incompetentes, incapaces de acadar a confianza dos veciños e das veciñas nas urnas, recorren a estrataxemas como as deseñadas pola dirección provincial e local do Partido Popular: a denuncia como estrataxema. Sabémolo porque os damnificados na escabechina que é o PP camariñán, hoxe excluídos das listas, así nos lo transmitiron.

Así que, señores pepeiros de Camariñas, perdan toda esperanza. Será a cidadanía de Camariñas quen manifeste a quen confían os intereses colectivos do noso concello. Si a irresponsables calumniadores, incapaces e incompetentes, ou a quen puxo, pon e porá por diante os intereses de todos e de todas antes que as pequenas miserias dos que, por non saber, non saben nin gobernarse a si mesmos. 

O Pobo é quen máis goberna, dicía Zeca Alfonso. Pois iso, o pobo é quen máis goberna, e non hai máis que dicir. 

1712 Modificado por derradeira vez o Martes, 24 Febreiro 2015 11:40
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.