Importantes inversións do Concello de Camariñas na parroquia de Xaviña

Valora este artigo
(14 Votos)

Este ano o Concello de Camariñas fixo unha importante inversión de obras en Xaviña: a zona recreativa do Ariño, a pavimentación da rúa nova e que une os núcleos de Cruceiro á Covadiña e a pavimentación da praza da igrexa de Xaviña. Hoxe vou falar desta última. O Alcalde de Camariñas, con moi bó criterio, ve e entende que a igrexa de Xaviña é o centro social do pobo. Ademais da súa importancia arquitectónica no entorno da igrexa está o parque infantil, a pista polideportiva e o campo de baile. É un entorno que hai que respetar e no que hai que invertir. Por iso aí se fixeron obras como foron a pavimentación do lugar do Sixto, o ancheamento e pavimentación da pista da igrexa, as beirarrúas da pista da igrexa, o arranxo do parque infantil e agora a pavimentación da plaza.

 Esta última obra presupostada en 49.584,07 euros foi presentada á convocatoria do GDR alcanzando un nivel de puntuación importante para obter 28.138.96 euros de Agader da Xunta de Galicia. O Concello de Camariñas tivo que poñer o 44% restante. Para conseguir esta puntuación tivemos que preparar un bo proxecto e sempre co asesoramento do GDR-Costa da Morte. Non financian calquera obra, non financian pavimentacións de pistas, por exemplo. Polo que xa só recibir esta subvención supón un recoñecemento á importancia do entorno da igrexa. Unha vez redactado o proxecto fomos ao Arcebispado para pedir a cesión da praza da igrexa. Fixéronnos unha cesión por un período dun lustro. Seguidamente pedimos autorizacións a distintas administracións, entre elas a Patrimonio. E finalmente, unha vez recibida a resolución da subvención, executamos a obra o máis axiña posible para non afectar moito a vida diaria do entorno. Agardamos que esta obra sexa do agrado de todos os veciños. Próxima obra en Xaviña: pavimentación de varios núcleos: Gándara, Pedrouzo (atrás das escolas) e Pións (da Torre ao Sixto).

1246 Modificado por derradeira vez o Mércores, 31 Decembro 2014 10:48
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.