Valora este artigo
(11 Votos)
O pasado domingo, 30 de novembro de 2014, mais de catro mil militantes socialistas da provincia da Coruña, elixiron ao seu secretario provincial nunha elección libre, directa e secreta. Tamén elixiron, polo mesmo proceso, aos candidatos a alcalde e alcaldesa nas vilas e  cidades de máis de 20.000 habitantes. E dicir, democracia pura e dura.

Fai unhas semanas asistimos a un modelo distinto. O candidato a alcalde do concello de Camariñas, por parte do Partido Popular, foi designado dixitalmente pola dirección provincial desta formación política e presentado formalmente aos electores camariñáns... en Carballo!

Cando chegue o momento, suspendido ate a constitución da nova executiva provincial no próximo congreso que se vai a celebrar o 13 de decembro, abrirase o proceso para que as agrupacións municipais de toda a provincia debatan, propoñan e voten aos seus cabezas de lista para as municipais. E dicir, democracia pura e dura outra vez.

É certo que a democracia ocasiona algún que outro conflito; tamén é certo que o debate e confrontación de ideas e proxectos pode ocasionar momentos de tensión e hasta enfrontamentos políticos e persoais ocasionados polas tensións puntuais do fragor da competencia. Pero o que non cabe dúbida é que sempre será moito mellor darlle voz á militancia para que sexa ela quen tome as decisións para ben ou para mal.

Os militantes do Partido Popular de Camariñas non foron chamados a opinar nin foron escoitados polos órganos superiores do seu partido. Simplemente designáronlle un candidato dende as “instancias superiores” que sempre levará consigo este déficit de lexitimidade democrática. Sempre quedará a dúbida de a quen debe fidelidade o señor Mauricio Aufiero, se aos sufridos militantes do PP de Camariñas ou a quen o designou; si aos cidadáns, a quen lle vai a pedir o voto para ser alcalde, ou a quen o nomeou dixitalmente dende “La Coruña”.

E aos militantes do Partido Popular parece ser que todo isto parécelles natural porque non vimos que amosasen posición algunha en contra deste xeito de proceder. Parecera que aqueles que nunca lles parece abondo a democracia existente no concello, dan por sentado que non teñen nin a competencia nin a capacidade para escoller aos seus líderes nin a quen represente os intereses dos camariñáns dende posicionamentos políticos conservadores. Manda quen manda, e a calar.

Quizá na esquerda fagamos ruído de mais cos nosos procesos internos pero da a impresión de que, na dereita, so hai o silencio  dos rabaños que se deixan conducir mansamente detrás de quen non ten máis mérito que ser ben guiadiño, ou de dicir amen a canto lle mandan os señoritos da cidade. Total, pa Camariñas, ben lles cheja!, pensará algún.

Pois non chega, non. Camariñas é moito máis importante do que algún pensa e so hai que ver a capacidade que teñen uns e outros de influír nas súas respectivas organizacións. Modestia e aparte, non hai color entre uns e outros. O PSOE de Camariñas ten capacidade de influír na súa organización na provincia, en Galicia e en España. O PP de Camariñas nin tan sequera é capaz de elixir ao seu candidato a alcalde.

Evidentemente, non somos iguais nin falta fai.

1529 Modificado por derradeira vez o Martes, 02 Decembro 2014 18:41
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.