O INVESTIMENTO EN OBRAS PÚBLICAS DA XUNTA DE GALICIA NO 2014

Valora este artigo
(5 Votos)

1. Os expertos afirman que cada millón de euros investido en infraestruturas, crea seis empregos directos e doce indirectos. O investimento da Xunta actual é a metade do que foi no pasado. Ainda así, nos últimos cinco anos a Xunta dispoñía de 8.441 m€ para investimentos, dos que so foron executados 4.969, menos do 60%. Catro de cada dez euros aprobados non foron executados. Non é extrano que  o  sector da construcción perdera  50.000 empregos, a metade dos existentes. No ano en curso so esta executado o 26% do orzamento. Un dos peores datos de todalas CCAA, según o Ministerio de Facenda.

2. Promoción de vivenda social. Dos 50 millóns orzamentados no 2009 pasaremos a 3 m€ no 2015, unha caída do 95%.

3.  O Plan Estratéxico de Galicia 2010-2014, debería mobilizar 55.436 m€. Foron eliminados 9.000 m€, a sexta parte, fundamentalmente con recortes e parálise dos investimentos. Plan MOVE de estradas, dos 4.265 m€ previstos, tres cuartas partes non foron executados. O balance en materia de estradas é de cen kilómetros en cinco anos, vinte kilómetros anuais.

4. A maior caída da actividade investidora, maior burocracia. A Xunta creou unha Axencia de Infraestruturas. No ano en curso adxudicou obra por 22 m€, menos que moitas Consellerías sen organismos semellantes.  Prioridades do goberno:  AMTEGA inviste 74 m€, en funcionamento da propia Administración, fronte ós  22 m€ en infraestruturas. O gasto productivo en caida libre e o gasto burocrático medrando.

5. Autovía da Costa da Morte. Iniciada no 2009 e paralisada ata hoxe. Inicialmente o  goberno Touriño adxudicou 60 km de autovía en 584 m€, cun custo de 9´7 m€/km. O goberno Feijoo anulou o concurso, fixeron un novo concurso para  adxudicar  42 km en 979 m€, a 23 m/km, máis do duplo. Diante da alarma social e da denuncia deste Grupo retrocederon e adxudicaron finalmente logo dun novo concurso,  a 17´7 m/km. Agora modifican o contrato e reducen obra, para quedar en 27 km e 22´8 m/km. A obra reducese nun 55% e o prezo multiplicase nun 235%. Unha modificación do contrato á medida do contratista, que recupera así o prezo anunciado no concurso anterior evitando a libre concurrencia. Dubidosa legalidade e  mensaxe fatal para as demáis empresas.  Estamos diante dunha presión, dunha negociación oscura ou dun trato de favor?

6. Corredor do Morrazo:  estudos  iniciados no 2008. Seis anos máis tarde seguimos con estudos. 
 A Vía Ártabra da comarca coruñesa foi  iniciada hai seis anos. Son trinta kilómetros inacabados que hoxe non prestan nengun servizo metropolitano. Vía de Alta Capacidade da Costa Norte,  entre Ferrol e Barreiros abandoada como a ronda Bulevar de Ourense, inacabada, entre outras.

7. O goberno non ten ofrecido estratexias alternativas ó sector da construcción, nin  políticas de rehabilitación de vivenda ou de espazos públicos. Como non ten ofrecido alternativas ó sector galego das enxeñerías e consultorías, cun  elevado nivel competitivo, mesmo internacionalmente, pero moi dependente da actividade da Administración.

1283 Modificado por derradeira vez o Venres, 31 Outubro 2014 15:38
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.