O Concello de Camariñas dará axudas técnicas para dependentes

Valora este artigo
(2 Votos)
O Concello de Camariñas abre o prazo para a presentación de solicitudes de axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e á accesibilidade. Subvencionaranse camas articuladas, colchón antiescaras, cadeira de baño e grúa. Estas axudas van dirixidas a veciños e veciñas do concello que teñan recoñecida unha dependencia de grado III ou II  e que non se beneficien de ningún servizo ou axuda da carta de servizos para persoas dependentes.

Para solicitar esta axuda deberán presentar, no departamento de Servizos Sociais, a seguinte documentación: Solicitude, DNI, xustificar o grado de dependencia recoñecido e xustificante de ingresos persoais.

Esta axuda concederase en función dos créditos dispoñibles da subvención para o mantemento dos Servizos Sociais concedida pola Deputación da Coruña. Por iso, á hora de conceder a axuda, priorizarase a puntuación do BVD, situación económica e non haberse beneficiado destas axudas anteriormente. Os beneficiarios deberan asinar un compromiso de devolución.

O prazo remata o vindeiro día 10 de novembro de 2014. Para máis información poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Camariñas, situado na Casa de Pedra ou chamar ao 981 73 70 04.

1019
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.