A Costa da Morte desaparece dos orzamentos para 2015 da Xunta de Galicia

Valora este artigo
(4 Votos)
A Costa da Morte desaparece dos orzamentos para 2015 da Xunta de Galicia farodevigo.com
Os socialistas galegos denunciaron hoxe que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “supérase a si mesmo é fai desaparecer a Costa da Morte dos Orzamentos para 2015”, reducindo “a autovía á metade”. “Nun claro exercicio de trilerismo político e en claro fraude de lei, o presidente da Xunta modifica as condicións de adxudicación da autovía e condena á Costa da Morte o illamento e a marxinación en que sempre a tiveron os gobernos do Partido Popular”, manifesta Marisol Soneira.

A deputada socialista considera que “se a tropelía feita con respecto a modificación das condicións de adxudicación da autovía non fose suficiente, o presidente da Xunta, coa complicidade do PP da Costa da Morte, propón un dos investimentos menores en toda a historia democrática da comarca”.

“Non hai practicamente ningunha iniciativa nova e a metade do investimento vai directamente a dúas obras; unha delas, a depuradora de Malpica, é da época do bipartito”, sostén Soneira. O PSdeG critica o “lamentable exercicio de funambulismo político do presidente”, que anuncia “o seu compromiso” coa Costa da Morte e, cando hai que asumir compromisos con orzamentos, “corríxese a si mesmo e amosa a súa verdadeira catadura moral: unha persoa incapaz de cumprir os seus compromisos e moito mais próximo a aquela frase da película Airbag, lo mismo que te digo una cosa te digo la contraria”.

“Outra vez a Costa da Morte fica soa, abandonada, esquecida e á marxe das preocupacións do Goberno e o Partido Popular da comarca, ausente e cómplice necesario da aldraxe”, engadiu Soneira.

1057 Modificado por derradeira vez o Mércores, 22 Outubro 2014 08:58
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.