OS SOCIALISTAS ESÍXENLLE Á XUNTA O REMATE “INMEDIATO” DA AUTOVÍA DA COSTA DA MORTE “SEN REBAIXAS QUE LIMITEN UNHA INFRAESTRUTURA IMPRESCINDIBLE PARA A COMARCA”

Valora este artigo
(2 Votos)
A deputada socialista Marisol Soneira vén de esixirlle ao goberno galego que remate “de inmediato” a autovía da Costa da Morte “íntegra, sen rebaixas que limiten unha infraestrutura imprescindible para a comarca”. A responsable socialista alerta que o goberno galego quere limitar a infraestrutura á conexión “Baio – Carballo”, renunciando ao proxecto orixinal. Advirte que “calquera execución parcial deixaría á comarca cunha infraestrutura feita a base de remendos, coas costuras á vista e en definitiva suporía un estrago de cartos e recursos”. Alerta ademais do risco de ter que afrontar reclamacións patrimoniais pola modificación das condicións da licitación “pola vía dos feitos”, abrindo a posibilidade de que as empresas concursantes aleguen un cambio irregular nos requisitos.

A deputada da Costa da Morte esixiulle ao goberno galego que “remate co cúmulo de despropósitos” que ten provocado con esta autovía, no seu día licitada polo goberno socialista pero paralizada polo goberno de Feijóo para provocar un “pelotazo” de 205 millóns de euros e hoxe totalmente bloqueada.

Reclamoulle ao goberno galego e ao PP que rematen a obra tal e como fora concibida na súa orixe “aínda que só sexa por cuestións de decencia política, aforro económico e por unha mínima ética”. Sinala que o propio PP recoñece nas súas iniciativas que tan só foi realizado o 50 por cento dos movementos de terras, tres cartas partes das drenaxes e o 59 por cento dos pasos inferiores.

A realidade, dixo, é que “cinco anos mais tarde, a metade da infraestrutura está a monte, as obras nun estado precario e os movementos de terras provocando escorrentías que asolagan os terreos colindantes”.

A día de hoxe, apunta, xa non hai máquinas traballando e o que si hai son “aldeas e fincas illadas por trincheiras ateigadas de lama no inverno e xestas e escorrentías no verán, quedan débedas con empresas subcontratadas e varias decenas de empresas de servizos e subministradoras de material”.

1219 Modificado por derradeira vez o Mércores, 17 Setembro 2014 17:34
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.