OS SOCIALISTAS PREGÚNTANLLE MAÑÁ Á XUNTA POLAS OBRAS DA AUTOVÍA DA COSTA DA MORTE

Valora este artigo
(5 Votos)
O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, presenta mañá na Comisión de Ordenación Territorial  do Parlamento unha pregunta oral sobre a tramitación e xestión das obras de construción da autovía da Costa da Morte. A iniciativa será debatida na Comisión de Ordenación Territorial que comeza ás 10,30 h. Poden seguir a intervención en directo na web do Parlamento de Galicia: http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/default.aspx

María Soledad Soneira Tajes, Raúl Fernández Fernández, José Antonio Sánchez Bugallo e Patricia Vilán Lorenzo, deputadas e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta oral urxente en Comisión 2.a.

A urxencia vén motivada pola alarma social creada


A chamada Autovía da Costa da Morte é un expediente X. Licitouna un Goberno lexítimo a unha empresa que presentou a mellor oferta de tódalas presentadas. Non houbo ningunha reclamación por parte de ninguén.

Coa chegada do Goberno Feijoo á Xunta de Galicia se decide rescindir a adxudicación, alegando que a empresa non tiña capacidade técnica nin financeira para abordar o proxecto. Se procede a un novo concurso que é retirado diante das denuncias públicas e xudiciais polas irregularidades producidas no mesmo. Foi un escándalo.

Se convoca outro concurso que adxudica, agora si, a obra por varios centos de euros máis que na súa adxudicación primeira, por cinco anos menos de mantemento, e, cousas veredes, á mesma empresa que “non tiña capacidade técnica nin financeira”...!!

Conclusión: dous anos máis tarde, despois de indemnizar á empresa concesionaria (por partida dobre) polos traballos previos feitos, expropiacións, proxecto técnico, etc, con varios millóns de euros, volvemos ás orixes e mantemos a Costa da Morte illada “sine die”.

Comezan os traballos de explanación e se vanza a toda velocidade e, de repente, desaparecen as máquinas da autovía, desaparecen as empresas sub contratadas, quedan illadas aldeas e fincas por trincheiras ateigadas de lama no inverno e de xestas e produtos de escorrentía no verán. Quedan débedas con empresas subcontratadas e con varias decenas de empresas de servizos e subministradoras de todo tipo de materiais.

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia denuncia en varias ocasións a través dos medios de comunicación e de iniciativas parlamentarias, a situación vólvese kafkiana cando a Xunta de Galicia e o seu coro mediático e político local nega a situación creada e afirman, sen rubor, que hai máquinas traballando e que a autovía inaugurarase no verán de... 2012!

Pasa 2012, pasan tres trimestres de 2012 e a Xunta de Galicia dille aos empresarios e aos alcaldes da Costa da Morte que antes de que remate o ano a empresa concesionaria, co apoio do Goberno galego, terá solucionados os seus problemas de financiamento e pide, por responsabilidade, unha marxe de confianza. Esquecéuselle engadir que en novembro dese mesmo ano había eleccións autonómicas. Obtida a confianza, a autovía volveu ao esquecemento e ao caixón onde se gardan as infamias e a desvergonza.

Pasou 2012, pasou 2013, temos encetado 2014 e a marxe de tres meses fai longo tempo que quedou pola popa da irresponsabilidade e da sen vergonza política. Polo medio quedan declaracións onde se afirma que en meses comezarán as obras...??, que se vai a priorizar o tramo Carballo-Baio...?? que se lle vai a retirar a concesión á empresa...??

Polo exposto, as deputadas e os deputados asinantes, diante de semellante estado de cousas, dunha xestión impropia dun país desenvolvidos e dun Goberno dun país europeo, preguntan a Xunta de Galicia:

1.a) Considera o Goberno galego que as actuacións levadas a cabo pola Administración en toda a tramitación e xestión das obras desta infraestrutura, fundamental para o desenvolvemento da Costa da Morte, son propias dun Goberno da área xeográfica onde se asenta Galicia?

2.a) Non sente o Goberno de Galicia vergoña pola súa actuación en todo este asunto?

3.a) Non pensa ninguén, no seo do Goberno de Galicia, asumir responsabilidades políticas por semellante xeito de actuar?

4.a) Ninguén vai a ter a decencia política de recoñecer a incapacidade,incompetencia e desidia para a resolución, dunha vez por todas, de semellante esperpento?

5.a) Cal é a folla de ruta que ten deseñada a Xunta de Galicia, a día de hoxe, para o remate desta infraestrutura?

6.a) Ten algún valor a palabra dos responsables de obras públicas da Xunta de Galicia, con respecto a esta obra en concreto?

1328 Modificado por derradeira vez o Mércores, 02 Xullo 2014 18:01
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.