A AUDIENCIA PROVINCIAL DE A CORUÑA, VOLVE A DAR A RAZÓN AO CONCELLO DE CAMARIÑAS

Valora este artigo
(7 Votos)
A xustiza volve a darlle a razón ao Concello de Camariñas e nun auto ditado pola Sección nº2 da Audiencia Provincial da Coruña, ven de desestimar o recurso presentado por Dona Guadalupe Elena Alvite Alborés, contra a Xunta de Goberno do Concello de Camariñas, á cal se lle intentaba acusar dun delito de prevaricación pola doazón da finca por parte da Fundación Fernández Espín onde está construído o actual e flamante Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas.

Tres maxistrados da Audiencia Provincial desestiman o recurso presentado pola demandante e manteñen  o criterio que xa tivo no seu día o Xulgado de Corcubión aínda que desta volta xa a cuestión quedou zanxada e non se pode recurrir. Remata por tanto deste xeito tan contundente e demoledor a penosa peregrinación dos denunciantes e os seus instigadores por todos e cada un dos xulgados aos que tentaron terxiversar para lograr o seu único obxectivo: derrubar o Tanatorio Municipal, servizo tan demandado e necesario para os veciños do Concello. Os maxistrados tuverono ben claro e din textualmente sobre a doazón feita pola Fundación Fernández Espín ao Concello “esta finalidad (a da doazón), puede valorase  como beneficiosa para el interés colectivo, pues se dirige a la construcción de un tanatorio”. Unha vez máis gaña a xente do Concello de Camariñas, e perden os que teñen como maneira de facer política a denuncia constante nos xulgados.

1358 Modificado por derradeira vez o Mércores, 07 Mai 2014 20:15
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.