Valora este artigo
(4 Votos)
Hai xente tan allea á realidade que necesita crear  outra. Solo así se entende o fácil recurso á calumnia, á mentira e á difamación con tanta alegría e con tanta irresponsabilidade. Quizá o que busquen estes persoeiros, necesitados de asistencia psiquiátrica urxente, é un minuto de gloria para ver así satisfeita a súa ansia de protagonismo: o importante é que falen del aínda que non sexa para ben. Como non teño ningunha intención de alimentar esa obsesión enfermiza, con todo o cariño, adícolle esta conversa entre Sócrates e un dos seus discípulos.

Un xoven discípulo de Sócrates chega a casa deste e dille:
- Escoita mestre. Un amigo teu estivo falando mal de ti.
- Agarda! -díxolle Sócrates- Xa fixeches pasar polas tres rexas o que vas contarme?
- As tres rexas?
- Si. A primeira é a verdade. Estás seguro de que o que queres contarme é absolutamente certo?
- Non. Oíno falar a uns.
- A lo menos teralo pasado pola segunda rexa, que é a bondade. Iso que desexas contarme, é bo para alguén?
- Non, en realidade, non. Ao contrario.
- Ah, vaia! A última rexa é a necesidade. É necesario facerme coñecer iso que tanto che inqueda?
- A dicir verdade, non.
- Entón, dixo o filósofo sorrindo, se non é verdade, nin bo, nin necesario, sepultémolo no esquecemento.
 
Con todo o cariño do mundo para o atribulado e enfermo calumniador profesional que tan preocupado está polas vidas alleas cando debera facerse mirar a si mesmo.

1483 Modificado por derradeira vez o Mércores, 07 Mai 2014 14:37
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.