O PP DE CAMARIÑAS MINTE SOBRE O TANATORIO MUNICIPAL

Valora este artigo
(5 Votos)
Ante a autorización de funcionamento do Tanatorio Municipal de Camariñas dictada pola Consellería de Sanidade que confirma o traballo ben feito por parte do Concello, a resposta do PP de Camariñas é tratar de enganar ós veciños. Vamos a desgranar estas mentiras e omitiremos as outras citas da dereita  máis rancia que levan dentro algúns dos concelleiros do PP de Camariñas e que xa aburren a inmensa maioría dos veciños. Todos os cidadáns do Concello de Camariñas coñecen a Pichurri e saben que poden contar coa súa axuda todos os días, ben chamando ao seu movil,  ben acudindo ó seu despacho no concello ou ben visitando a Casa do Pobo, sede dos socialistas de Camariñas que ten as súas portas abertas para todos e cada un dos veciños do concello. Deixando aparte os desvaríos de algúns concelleiros do PP vamos co fundamental: as mentiras do dono de VIPROGA, aquel que deixou sen pagar os soldos de deceas dos que foran os seus traballadores. Si, aquel que estivo ocupando ilegalmente as instalacións dunha asociación de Camariñas impunemente ata que lle caeu enriba do lombo TODO O PESO DA LEY.

Fala esta exemplar personaxe na prensa que, o Tanatorio Municipal de Camariñas, incumpre as ordenanzas xerais do PXOM. Pero vamos a ver home de Dios, ¿como vai cumprir o PXOM si no momento que se redactou o proxecto do tanatorio e se iniciaron as obras, non estaba aprobado o PXOM?, o Tanatorio cumpre coa lexislación urbanística vixente en aquel momento, tal como o certificou en data de 16 de maio de 2013, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, trala denuncia que presentara a Asociación de Veciños Rio do Porto de Ponte do Porto da cal formaba parte da directiva un tal Sebastián Lorenzo Viejo ¿de que nos sona este nome?

Tamén fala que o Tanatorio non ten aparcamentos, e que todo isto é de traca, vese que non teñen idea de como é o Tanatorio Municipal. Depois de tanto que despotricaron desta obra tan demandada por todos os veciños de Camariñas, estes concelleiros do PP deberían coñecer este proxecto feito realidade polos socialistas de Camariñas ó dedillo. Pois non, non leen a documentación que se levou ós plenos ó largo destes anos: Na documentación, está ben claro que o Tanatorio ten un semisótano que ten un uso de GARAXE, con unha superficie útil de 304m2, un garaxe con capacidade de acoller máis de 20 prazas de aparcamento.

Xa estamos un pouco cansados de que a mentira, sexa a maneira de facer política da xente do PP de Camariñas. Os Socialistas de Camariñas non deixamos de sorprendernos pola ignorancia que demostran estes concelleiros, pero o máis seguro é que non se trate de ignorancia, senón de mala fe e de tratar de enganar sistematicamente os veciños do Concello de Camariñas.

1825 Modificado por derradeira vez o Martes, 04 Marzo 2014 12:12
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.