O TANATORIO MUNICIPAL DE CAMARIÑAS XA TEN AUTORIZACIÓN DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

Valora este artigo
(13 Votos)
Dona Cristina Pérez Fernández, xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña, á vista do informe favorable emitido polo persoal técnico do Servizo de Control de Riscos Ambientais, logo de realizar a perceptiva visita de inspección, resolve a autorización de Posta en Funcionamento do Tanatorio Municipal.

O pasado xoves 6 de febreiro inspectores de sanidade, estiveron realizando a visita de inspección das instalación do Tanatorio Municipal, todo elo logo de que o Concello gañase o recurso de alzada que se presentou a Sanidade por a súa negativa a render visita.

Unha vez gañado o recurso, Sanidade enviou ós seus inspectores, que quedaron GRATAMENTE SORPRENDIDOS co Tanatorio Municipal, tanto co espazo, os equipamentos dos que dispón, e das comodidades para os usuarios.

Agardamos ata este momento en dar a noticia porque, aínda que sabíamos que o informe ía a ser favorable había que esperar a autorización. Sabemos como as xoga o PP, e por íso preferimos esperar. Pero a autorización xa está aquí, sen dúbida un gran día para os veciños do Concello de Camariñas.

Os Socialistas dixemos no noso programa electoral que íamos a facer Tanatorio, por tanto para nos é un motivo dobre de alegria. Felicitar os equipos de goberno que durante estas dúas lexislaturas traballaron arreo para conseguilo e en especial a Pichurri, que tanto traballou por este gran logro.

Noraboa a tod@s os veciñ@s do Concello de Camariñas.

1744 Modificado por derradeira vez o Martes, 04 Marzo 2014 12:11
Máis en esta categoría:
Décargar arquivos adxuntos:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.