OS SOCIALISTAS RECLAMAN A REPROBACIÓN DO CONSELLEIRO DE INFRAESTRUTURAS POLA XESTIÓN DA AUTOVÍA DA COSTA DA MORTE

Valora este artigo
(3 Votos)
Marisol Soneira esixe o remate da infraestrutura “sen mais dilacións, de acordo co proxecto sometido a concurso e adxudicado na súa totalidade”. A deputada socialista Marisol Soneira reclamoulle ao Parlamento a reprobación do conselleiro de Infraestruturas pola xestión e paralización da autovía da Costa da Morte. Soneira presentou unha serie de iniciativas parlamentarias nas que denuncia a “irresponsabilidade e desprezo” do goberno galego á Costa da Morte.

Soneira insta ao presidente da Xunta a “rematar definitivamente a autovía da Costa da Morte sen mais dilacións no tempo, de acordo co proxecto sometido a concurso público e adxudicado na súa totalidade e non en tramos ou parcialmente”.

A deputada socialista cualifica de “kafkiana” a situación desta infraestrutura, comprometida polo actual goberno para 2012 e que “temos encetado 2014 e a marxe de confianza que pedía Feijóo fai longo tempo que quedou pola popa da irresponsabilidade e da sen vergonza política”.

A deputada socialista lembra a xestión do actual conselleiro de Infraestruturas, que recibiu a obra licitada en 2009, co que decidiu rescindir a adxudicación, fixo un novo concurso, retirouno polas denuncias públicas e xudiciais, e a continuación lle la volveu adxudicar á mesma empresa por mais diñeiro e menos anos de mantemento comprometidos.

Subliña que “dous anos mais tarde, despois de indemnizar á empresa concesionaria con varios millóns de euros, volvemos ás orixes e mantemos a Costa da Morte illada “sine die”.

A día de hoxe, apunta, xa non hai máquinas traballando e o que si hai son “aldeas e fincas illadas por trincheiras ateigadas de lama no inverno e xestas e escorrentías no verán, quedan débedas con empresas subcontratadas e varias decenas de empresas de servizos e subministradoras de material”.

1152 Modificado por derradeira vez o Mércores, 29 Xaneiro 2014 17:10
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.