SS MM OS REIS MAGOS DE ORIENTE VISITARÁN O CONCELLO DE CAMARIÑAS O DÍA 5 DE XANEIRO

Valora este artigo
(1 Voto)
O próximo domingo día 5 de xaneiro os reis magos visitarán todas as parroquias do Concello. Súas Altezas Reais, os Reis Magos de Oriente, sairán o domigo 5 de xaneiro do cruce de Brea as 12 da mañá, en Santa Mariña estarán as 12:30 e continuarán o seu camiño ata Arou que estarán na praza as 13:00 horas ( si chove irán o Centro de Cultura da Estivada). Despois dirixiranse a Camelle, onde recibirán os nenos na Casa da Cultura do alemán as 15,30 horas, para de seguido ir ata Ponte do Porto, onde pararán na praza de San Roque, e si chove, no Pavillón o redor das 17 horas. A Igrexa de Xaviña (si chove no teleclub), teñen previsto chegar sobre as 18,30 horas . De seguido seguirán ata Camariñas onde chegarán sobre as 20 horas a Praza do Concelllo, ( si chove no pavillón). Repartirán miles de caramelos no seu percorrido para nenos e non tan nenos, que estean a esperar por eles.
1125 Modificado por derradeira vez o Venres, 03 Xaneiro 2014 14:49
Máis en esta categoría:

Medios

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.