EL SUEÑO DE LA RAZÓN PRODUCE MONSTRUOS

Valora este artigo
(12 Votos)
EL SUEÑO DE LA RAZÓN PRODUCE MONSTRUOS: Así titúlase un dos famosos gravados de Goya e, salvando as distancias, así e o que acontece estes días en Camariñas coas interpretacións e as consecuencias que as resolucións xudiciais están tendo sobre o cansino asunto do Tanatorio.

Por un lado temos a “persoeiros” que defenden a xustiza e aos xuíces sempre e cando as augas vaian cara o seu muíño pero que, cando os mesmos xuíces e a mesma xustiza que antes defendían ditan contra os seus soños monstruosos, montan en cólera e, coma monstruo produto dun pesadelo, supuran escatolóxicas proclamas e eríxense en adalides da ética e da rexeneración democrática para corrixir o mundo enteiro se fai falta.

Pero estes Mesías da molicie e da indolencia degradante, non tiveron nin teñen o máis mínimo remordemento polo dano causado á persoa  a que animan a ir, contra toda razón e contra toda lóxica, a librar as súas batallas absurdas e dignas de tratarse no diván do psiquiatra. Tampouco teñen o mínimo escrúpulo en xustificar o gasto dos recursos da Cooperativa Funeraria en guerras alleas que non benefician máis que o seu ego desmedido e as súas fobias patolóxicas, pero que prexudican grandemente aos intereses económicos de tódolos cooperativistas. E aínda teñen menos escrúpulos en buscar o enfrontamento civil  entre un pobo que está farto de tanto Mesías Liberador de opresións que solo están nas súas perturbadas mentes.

Nada esperamos das ensoñacións monstruosas de quen, como Gólum asido ao anel que o fai invisible, aférrase a este asunto como se fose “mi tesoroooo!!”, pero o que están facendo os directivos da Cooperativa Funeraria roza o delito xa que, en lugar de defender os mellores intereses dos seus socios, sae en defensa de causas nas que non lles vai nin lles ven -así o acaba de certificar unha sentencia xudicial- e saltano campo da política local no mais puro estilo daqueles vellos xenerais que tan ben describe Gabriel García Márquez na súa obra. Son o produto do soño da razón: un pesadelo para a cooperativa e para Camariñas.

 Todos eles, os Mesías e todo o seu corro irresponsable, levan anos cabalgando a lombos da apocalipse que os fixo emprender cruzadas imposibles nas que embaucaron, e embarcaron, a cándidos ignorantes ou a cidadáns confiados que, de boa fe, pensaron que anunciaban a boa nova. Así vimos como anunciaron o fin do mundo no caso de que se aprobase o Plan Xeral de Ordenación Municipal, saíron ao rescate dos Montes da Vela sen que aínda hoxe se saiba que foi de todo aquel lio monumental, e, dende logo, o TANATORIO!!. Como non ían a tomar esta bandeira? Como non ían a subirse, tamén, ao carro da morte?

O soño da razón produce monstruos pero está nas nosas mans deixar que esas fantasías perversas nos dominen ou, chegado o amencer, abramos os ollos e desbotemos lonxe de nos todas esas miasmas que nos oprimiron e nos anguriaron durante unha noite de pesadelo. A luz do día é sempre un bo remedio para estas cousas, salvo para os que prefiren permanecer agochados nas cavernas máis profundas aferrados o anel que os fai invisibles. Claro que a utilización do anel durante períodos prolongados converte a quen tal fai en espectros.

O Xílgaro.
O Riás, a 7 de nadal de 2013.

1956 Modificado por derradeira vez o Sábado, 07 Decembro 2013 19:03
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.