NOVA SENTENCIA A FAVOR DO CONCELLO DE CAMARIÑAS ACERCA DO TANATORIO

Valora este artigo
(8 Votos)
Esta semana empezou da millor maneira posible para os intereses dos cidadáns de todo o municipio de Camariñas ca sentenza gañada por parte do concello contra o derribo do tanatorio. Esta demanda interposta por unha veciña que reclamaba unha franxa de terreo no cal ela di que foi construido o Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín, aínda que está por demostrar si é verdade porque o que son papeles e documentos aínda non chegaron a día de hoxe ao xulgado. E acaba esta semana tamén da millor maneira para os intereses dos cidadáns con outra sentencia que novamente fallaba favorablemente hacia o Concello de Camariñas despois de que a Cooperativa Funeraria “Servicios Fúnebres de Camariñas, Sociedad Cooperativa Galega", renegando dos seus principios fundacionais presentara unha ridícula demanda xudicial de claro senso político e nun caso que non lle incumbía. Non olvidemos que a súa directiva estuvo integrada, entre outros, pola concelleira por Buría do PP de Camariñas así como actualmente por un antigo concelleiro do PP. Así e todo, a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Xustiza de Galicia, ven a dar a razón ao Concello de Camariñas contra a denuncia presentada pola Cooperativa Funeraria de Camariñas, (outra máis), e condena a esta a pagar as costas do procedemento que poden chegar ata 1.000 euros que sairán dos bolsillos de todos os socios da cooperativa. Non estaría de máis que cada un dos socios lle reclamara á directiva esa cantidade de cartos para pagar esas costas en vez de sacalos do patrimonio da funeraria. Dende a Agrupación Socialista de Camariñas creemos que xa é momento de que os cooperativistas tomen dunha vez cartas no asunto e metan orde na súa entidade xa que o patrimonio da mesma está sendo mermado drásticamente polos intereses políticos da xunta directiva dunha cooperativa que debería ceñirse á súa actividade propia e deixarse de política, de xulgados e, sobretodo, de malgastar o diñeiro dos seus socios ós que tanto traballo lles costa gañar.

Máis abaixo, na galería de imaxes, podes ver a sentencia completa que estima o recurso presentado polo Concello contra a demanda interposta pola Cooperativa Funeraria de Camariñas e que tamén condena á mesma a pagar as costas do xuizo de 1ª instancia así como tamén haberá que sumar os gastos propios dos seus abogados. Eso sí, pagarano cos cartos de tódolos socios da cooperativa, faltaría máis.

1682 Modificado por derradeira vez o Venres, 06 Decembro 2013 16:18
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.