A COSTA DA MORTE “DESAPARECE” DOS ORZAMENTOS DA XUNTA E DAS POLÍTICAS DO PP

Valora este artigo
(5 Votos)

Marisol Soneira critica que a Xunta “só ofrece engano e manipulación, repago polos servizos públicos, suba de impostos e emigración como única saída laboral”

A deputada socialista Marisol Soneira advertiu hoxe que a Costa da Morte “desaparece” dos orzamentos da Xunta e das políticas do PP. Criticou que “o engano e a manipulación convértense nos sinais de identidade dun goberno que só ofrece repago, suba de impostos, a emigración como única saída laboral o deterioro da sanidade e da educación e o aumento da débeda”.

A responsable socialista apuntou así que “a autovía segue parada sen que se vislumbre unha solución” mentres a Xunta “non pon vontade nin recursos para rematar esta infraestrutura e fala de investimento extraorzamentario” cando a realidade é que a empresa concesionaria foi incapaz de encetar a infraestrutura dende 2012 e “polo que se ve tampouco poderá en 2014.

Sinalou que “o único tanxible é a depuradora de Malpica, un investimento conxelado dende a época de Touriño ata que o PP saíu da súa contradición e atopou unha ubicación deste proxecto herdado”.

Soneira apuntou que “polo demais, salvo o mantemento do aparello administrativo de diversos servizos e algún convenio coas confrarías, os habitantes da Costa da Morte non existen para Feijóo nin para o PP”.

A deputada da Costa da Morte explica que “estes son os orzamentos dun goberno sen proxecto, sen estratexia e insensible á dor humana”. Lamentou que para Feijóo “os cidadáns somos meros contribuíntes destinados a financiar unha débeda pública insoportable que se destina a calquera cousa menos a mellorar as condicións de vida dos cidadáns”.

1475 Modificado por derradeira vez o Martes, 22 Outubro 2013 10:25
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.