Valora este artigo
(5 Votos)
Miñas donas, meus señores, España é un país onde a esperanza de vida é mais longa. Iso non acontece pola teoría da evolución das especies se non polo investimento que historicamente ven facendo o noso país en sanidade e en dotacións sanitarias de primeiro nivel e polo noso modelo social que protexe a todos seus membros... ou polo menos protexía ate non fai moito.

Sen embargo empeza a haber indicadores preocupantes que nos din que ese status non solo non se consolida se non que comeza a minguar. Así o Consello Económico e Social (CES) no seu último informe de 2012 detecta que a esperanza de vida dos españois retrocede por vez primeira na historia. Certo é que, de momento, o retroceso é pequeno pasando de 79,16 a 79,01 anos no caso dos homes e de 84,97 a 84,72 no das mulleres.

Pero a nova situación socio-económica e as medidas postas en marcha pola dereita europea e española para, en teoría, salvarnos a todos da crise están acrecentando a tendencia. Vexamos, por exemplo, o novo decreto polo que os pacientes deben abonar o 10% dos medicamentos da farmacia hospitalaria: cantas mulleres dispoñen dos recursos suficientes como para dispoñer de 18.000 euros que lle permitan afrontar o tratamento dun cancro de mama? Porque iso é o que significa o 10% dun tratamento destas características.  Podemos poñer moitos outros exemplos: canto é o 10% dun tratamento hospitalario dunha leucemia, dunha enfermidade crónica calquera?

Pero a esperanza de vida haberá que medila, tamén, por estratos sociais. Esta “bagatela” económica do 10% repercutirá de xeito moi distinta entre uns cidadáns e outros. Non é o mesmo 18.000 euros para Amancio Ortega que para unha traballadora de Cerdeimar; non é o mesmo para un funcionario da administración de nivel 30 e grupo A que para un rapaz que encadea contratos de 800 euros durante anos ou que un pensionista do réxime especial do mar ou do agrario, coas pensións máis baixas de España.

Así que nos recortan a esperanza de vida pero, tamén en isto, insolidariamente. Porque realmente este é un goberno que defende  os principios darwinianos da evolución das especies ... da especie rica sobre a especie modesta, ou tamén aquela outra de aplicación cando o barco está a piques de afundir: sálvese o que poida!!!

O Xílgaro
No Riás, a 25 de setembro de 2013

1829 Modificado por derradeira vez o Martes, 22 Outubro 2013 10:26
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.