A Xunta denega o permiso ao "Tanatorio de Malpica" e chama a Pichurri "Peleón"

Valora este artigo
(5 Votos)
Miñas donas, meus señores, leo na páxina web do Partido Popular de Camariñas o texto da Xefatura Territorial  da Consellería de Sanidade polo que RESOLVE denegar a autorizaqción de funcionamento do Tanatorio Municipal de Camariñas. Non deixa de sorprender que o texto da resolución a teña un Partido Político (que non é parte no asunto) e a prensa, antes que o concello que é quen lle solicita á Xunta a resolución. Curiosa interpretación que fai  a Xunta de Galicia do principio de respecto institucional.

Chama tamén a atención que a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, que con tanto rigor, imparcialidade e profesionalidade emitiu a resolución o mesmo día en que o alcalde de Camariñas anuncia a inauguración do Tanatorio Municipal, se refira a D. Manuel Valeriano Alonso de León como D. Mauel Valeriano Alonso Peleón, ou que no Primeiro Fundamento de Dereito fale do Tanatorio Municipal de Malpica cando está emitindo unha resolución sobre o concello de Camariñas. Todo isto ten, seguramente varias explicación: incompetencia manifesta, irresponsabilidade increíble, ou  as presas dun funcionario complacente cun partido político concreto que ten convertido este asunto en arma política contra o gobernó municipal camariñán. Todo vale nunha administración de chichi nabo para servir a causa.

Pero pasando por alto esto, que nun país con xeito sería para cesar a alguén, chama a atención que o órgano encargado de emitir a resolución, Consellería de Sanidade, non fala para nada se o Tanatorio Municipal de Camariñas cumpre, ou non, coa lexislación sanitaria mortuoria que ela mesma resolveu informar favorablemente o 6 de agosto de 2012. Parece que a Xunta, vista a “calidade” da resolución emitida o 19 de setembro de 2013, tampouco lle importa moito ir contra os seus propios actos e renuncia a comprobar se a obra cumpre, ou non, co proxecto e as especificacións técnicas que deron lugar a resolución favorable de 2012.

Hai tamén outro dato curioso en todo este asunto.  Segundo figura na resolución que publica a páxina do PP e que aínda non ten o concello de Camariñas, o 6 de xuño presentouse un escrito diante da Xefatura Territorial en nome de Dna. Guadalupe Elena Alvite Alborés e de Servizos Fúnebres de Camariñas, Sociedade Cooperativa Galega para que non se autorice a apertura do Tanatorio Municipal de Camariñas en base a unha sentencia xudicial que non afecta aos aspectos competencia da Consellería de Sanidade.

Nada que decir do interés de Dna. Guadalupe Elena Alvite Alborés porque defende un dereito que di ter e, polo tanto, como parte interesada exerce os mecanismos que considera oportunos no seu propio beneficio. Ahora ben, o da cooperativa funeraria é para nota porque:  que gaña a cooperativa presentando denuncias e pagando avogados para defender causas alleas? Quen lle dou vela neste enterro? Que defende, os intereses dos seus cooperativistas ou posición políticas e persoais dos seus dirixentes? Quen lle paga ao avogado, o PP ou os cooperativistas coas súas cuotas? Que xogo se traen entre máns esta heteroxénea congregación de intereses político-fúnebre?

A todo este monumental lío que, de momento, so lle reporta beneficios ao letrado que xestiona as denuncias, pero a nin un solo dos socios cooperativistas, nin a propia cooperativa, ni nao pobo de Camariñas lle beneficia en nada.

Se eu fose alcalde de Camariñas, que non o son, estudiaría seriamente presentar un querela contra a “lumbrera” que asina esta resolución para que, en sede xudicial, explique quen, como, cando e porqué tivo que facer este bodrio de resolución. E non estaría demais que os socios da cooperativa empezaran a pensar que os directivos da mesma están ao seu servicio e non os do Partido Popular de Camariñas.

O Xílgaro.
O Riás, 24 de setembro de 2013

1748 Modificado por derradeira vez o Martes, 22 Outubro 2013 10:26
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.