INAUGURACIÓN DO TANATORIO MUNICIPAL DE CAMARIÑAS IRMÁNS FERNÁNDEZ ESPÍN

Valora este artigo
(5 Votos)

O sábado 21 de setembro as 12h terá lugar a inauguración do Tanatorio Municipal Hermanas Fernández Espín.

En primeiro lugar os agradecementos, agradecer o PADROADO DA FUNDACIÓN FERNÁNDEZ ESPÍN a doazón do terreo na Travesía Muíño do Vento, tamén agradecer a Don JUAN GONZÁLEZ CANOSA, a súa dona e a Don JUAN JOSÉ REGO GONZÁLEZ por a doazón de uns terreos adxacentes os da Fundación, imprescindibles para a construción do Tanatorio MUNICIPAL e agradecer a Excelentísima Deputación da Coruña por o seu financiamento.

O Partido Socialista levaba no seu programa electoral o compromiso de que si a iniciativa privada non era quen de construír un tanatorio, sería o concello quen o levaría adiante, logo de esperar anos, e non materializarse ningún proxecto o Goberno Socialista púxose mans a obra, e conseguiu os terreos e a financiación necesaria para levalo adiante.

De todos é sabido que o tanatorio tivo moitas denuncias, de xente privada, de asociacións de veciños e da Cooperativa Funeraria de Camariñas, e queremos dicir que as denuncias siguirán o seu camiño nos xulgados, pero non impiden que se inaugure o tanatorio e se use por parte dos veciños de Camariñas.

Camariñas necesita un tanatorio. A xente de Camariñas non quere seguir velando os seus mortos en Vimianzo. A data chegou, e o sábado as 12 inaugurase o Tanatorio Municipal, unha instalación que queda a disposición de todos os veciños. Parabéns a todos.

2393 Modificado por derradeira vez o Xoves, 19 Setembro 2013 14:37
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.