DE QUEN É A COOPERATIVA FUNERARIA, DOS SOCIOS OU DO PARTIDO POPULAR?

Valora este artigo
(7 Votos)
DE QUEN É A COOPERATIVA FUNERARIA, DOS SOCIOS OU DO PARTIDO POPULAR? 94.23.86.51
Miñas donas e meus señores: Escríbolles esta para facerlle patente unha serie de dúbidas que dun tempo a esta parte non fan mais que machucarme a cabeza por dentro. Como todos vostedes coñecen a cooperativa funeraria, da que son propietarios tódolos que teñen suscrita unha póliza de decesos coa mesma, ten empeñadas as súas enerxías en dedicarse a loita política e non en defender o patrimonio dos seus cooperativistas.

Esta afirmación non é gratuita xa que dende a súa dirección, e contra o criterio dalgúns cooperativistas, asumen denuncias e pleitos contra o concello por asuntos que nada teñen que ver coa cooperativa e mesmo fan alarde, nas tertulias de café, que irán contra o alcalde “hasta la muerte”, según poiden escoitar eu mesmo dende a pola dunha figueira.

Evidentemente cada un pode gastar os seus cartos como lle dea a gana pero non parece nada razoable que se usen os recursos alleos para utilizalos de ariete político contra un alcalde e unha corporación que obtivo a mayoría absoluta dos cidadáns de Camariñas.

Como xa antes dixen, dende as polas das figueiras e doutras árbores domésticas, escóitanse todo tipo de confidencias e algunhas delas son tan sorprendentes e graves que mesmo parecen delito, e se non ao tempo.

Neste últimos días de calor abofante, ao que os xílgaros non estamos moi afeitos, pouseime a sombra duna poliña de figueira e, dende alí, escoitei a dous que estaban a falar dun posible pleito dun arquitecto contra a cooperativa funeraria porque esta négase a aboar uns catro mil euros polo proxecto técnico do tanatorio que esta pretende construír nas Malvinas. O conto, pensei, non pasa dunha discrepancia entre cliente e proveedor, pero o que me deixou abraiado foi a secuencia dos feitos que un dos contertulios lle narraba ao outro:

Paso 1- A cooperativa encárgalle un proxecto de tanatorio a un arquitecto.
Paso 2- O arquitecto fala coa técnica municipal de urbanismo e coa secretaria do concello para preguntarlle a situación urbanística da parcela das Malvinas e dos informes que farían no caso de solicitar licencia municipal de obras. AS FUNCIONARIAS INFÓRMANLLE QUE A PARCELA NON E CHAN URBANO CONSOLIDADO E QUE, EN CONSECUENCIA, ALÍ NON SE PODE CONSTRUÍR E QUE, CHEGADO O CASO, NON LLES QUEDARÍA MAIS REMEDIO QUE EMITIR INFORMES CONTRARIOS.
Paso 3- O arquitecto envíalle un correo electrónico á cooperativa para contarlles esa conversa e preguntarlles ques fai.
Paso 4- A cooperativa pide un tempo para falalo na xunta directiva.
Paso 5- A cooperativa envía un correo ao arquitecto decíndolle que para adiante co proxecto, digan o que digan as técnicas municipais.
Paso 6- O arquitecto fai o proxecto e pásalle a minuta á cooperativa por importe de catro mil euros.
Paso 7- A cooperativa, visto que o tanatorio municipal vai para diante, que non se pode construir nas Malvinas e que a diputación lle aboa a subvención ao concello e non a eles, dille ao arquitecto que hai que negociar e que non lle van a pagar uns proxectos que nunca se executarán.
Paso 8- O arquitecto dille á cooperativa que diso nada, que xa lle lo acvertíu no seu día de que a obra que pretendían era ilegal e que, a pesar diso, eles insistiron en que se fixera o proxecto técnico e que “ o traballo está feito e solo toca págalo.”
Paso 9- O avogadodo da cooperativa pretende chegar a un acordó económico co arquitecto para que lles rebaixe a factura nun 50% e o arquitecto dilles que xa se verán nos xulgados.

Chegados aquí, e como diría o Sr. Rajoy: Fin de la Cita.

Agora veñen as preguntas:
Encargou a cooperativa un proxecto urbanístico sabendo que era ilegal?
Comprometeu o patrimonio dos cooperativistas a sabendas de que estaban a malgastar os cartos de moita xente que se apuntou a funeraria para poder pagar o seu enterro e o da súa familia, e non as guerras políticas daslgún membro da xunta directiva?
Se, como parece, hai que aboar a factura do arquitecto, quen a vai pagar, tódolos cooperativistas ou, solidariamente, cada un dos membros da xunta directiva que tomaron semellante decisión?
Está dentro das función da cooperativa participar nas loitas políticas municipais tomando partido polo Partido Popular e asumindo a función de ser o ariete do mesmo con cargo as cuotas dos modestos cooperativistas?

Eu podería seguir preguntando mais cousas porque algo mais escoitein, pero quedeime coa preocupación que un dos conversantes manifestou ao remate da charla co outro: “O pior disto é que hai correos e soporte documental de todo iso e, diante dun tribunal, non hai nada que facer. Non solo iso, se non que, si un socio denuncia á quen tomou a decisión, ao peor acabamos todos no xulgado” Non quito nin poño coma, pero o asunto parece bastante serio.

No Riás, a sombra dunha figueira, o día 9 de setembro de 2013.
O Xílgaro

1739 Modificado por derradeira vez o Martes, 10 Setembro 2013 19:05
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.