Feijoo de vacacións e máis paro que nunca

Valora este artigo
(2 Votos)
O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, esixiu hoxe ao presidente da Xunta “que dea a cara” e que aprace as súas vacacións de Nadal porque “hai máis galegos que nunca no paro”. Así o dixo logo de constatar que Feijóo está “de vacacións” mentres en Galicia aumenta o paro “escandalosamente” e os galegos teñen menos medicamentos á súa disposición.

Reclamou así a presenza do presidente da Xunta e a conselleira de Traballo e Benestar porque Galicia foi a segunda autonomía do Estado con maior aumento do paro en decembro e a cuarta en todo o ano 2010. Advertiu que a Xunta provocou a perda do diferencial positivo do emprego de Galicia a pesares da menor incidencia do mercado inmobiliario e do suposto Efecto Xacobeo que aumentaría o PIB e o emprego en servizos.

Criticou a “desaparición” da Consellería de Traballo e Benestar logo de consolidar “unhas restricións orzamentarias brutaisen torno ao 50 por cento nas políticas activas de emprego nos dous anos de goberno. Isto explica, dixo, que Galicia sexa a segunda autonomía con maior incremento do desemprego cando o presidente Zapatero e as políticas de traballo estatais son o mesmo para as 17 comunidades autónomas.

Advertiu que esta é a conclusión da “interferencia política clarísima” para organizar dende a Xunta un reparto dos plans de cooperación en beneficio dos concellos do PP, excluíndo ás grandes cidades que son as que acumulan a maior incidencia do desemprego.

 

2874 Modificado por derradeira vez o Mércores, 05 Xaneiro 2011 15:53
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.