A IMPORTANCIA DA OPOSICIÓN NUN SISTEMA DEMOCRÁTICO (Editorial)

Valora este artigo
(4 Votos)
O Pobo é quen mais ordena, di Zeca Alfonso na súa famosa Grándola Vila Morena, himno da Revolución dos Caraveis que acabou coa ditadura  en Portugal un 25 de abril de 1974.

E o pobo, nun sistema democrático, cada certo tempo ordena quen debe gobernar e quen debe ser oposición. A labor asignada polo pobo, tanto nun caso coma no outro é moi importante xa que serve para testar se na próxima consulta se inverten as tornas ou non.

A oposición feita por Daniel Rego ao longo dos mandatos en que lle tocou encabezar as listas do Partido Popular de Camariñas, solo se pode cualificar como nefasta aínda que nesta singradura non estivo solo. Ao seu carón viven persoas que non teñen mais motivación política que animadversión persoal,  sectarismo e un localismo camariñán tan excluínte que son incapaces de mirar mais aló das Rubias ou, incluso, da Praza de San Xurxo.

Pero Daniel Rego é o principal responsable porque é, mellor sería dicir foi, o líder e o cartel electoral que o PP amosou aos veciños de tódalas parroquias do concello. Unha cabeza de cartel que ten unha concepción da política moi particular e, como dicía unha atinada editorial de La Voz de Galicia non fai moito, todo o que tocou estragouno: Náutico, Cooperativa Funeraria, PP de Camariñas, e un longo etc que inclúe a súa propia vida privada nas súas actividades empresariais.

Tamén amosou Daniel Rego unha laxitude ética e política incompatible con quen pretende ser o referente ideolóxico do principal partido político de España en Camariñas. Así nunca dubidou en militar onde máis conviña aos seus intereses, tanto  a esquerda como a dereita con tal de que Daniel estea no poleiro. Polo camiño non dubida en faltar a palabra dada, en xudicializar a vida política ou en misturar o público co privado sementando conflitos por onde pasa, ou o enfrontamento civil como no caso do tanatorio ou os montes da Vela.

Ben faría o Partido Popular en fixar un rumbo onde a meta sexa os intereses de Camariñas e non os intereses bastardos dunha minoría que cando pensan en Camariñas solo están pensando nunha parte e non na totalidade do concello. Os socialistas camariñáns non entramos nin saímos nos líos que teñan Diego Calvo, Carlos Negreira ou todo o PP da Costa da Morte con “Danielito”, pero cando as guerras entres todos eles afectan a Camariñas xa se converte en asunto político serio e non solo debemos se non que temos a obriga política de tomar partido.

E o noso partido chámase Camariñas – todo Camariñas e non unha única parte- polo que demandamos do PP camariñán, provincial, galego e español que poña orde na súa casa porque este estado de cousas non pode continuar e non se pode seguir asociando o nome de Camariñas as actuacións públicas e ate privadas de Daniel Rego, que xa todos sabemos en que acaban.

1648 Modificado por derradeira vez o Martes, 30 Xullo 2013 14:24
Máis en esta categoría:

3 comentarios

  • Xeepaos Enlace al Comentario Reportar
    Xeepaos 06 Agosto 2013, 17:03
    Estou totalmente de acordo con este artigo. Noraboa os socialistas polo exemplo democrático que dan todoslos dias. Outros solo dan exemplo de corrupción e de ocupacios ilegales, de pelexas entre eles mismos, de broncas.. pufos... etc
  • socialista Enlace al Comentario Reportar
    socialista 06 Agosto 2013, 16:58
    Veo negro el futuro del PP en camariñas y por extensión de los problemas en toda la costa da morte.Ya no hai partido si no unos concejales tanto en vimianzo como en camariñas totalmente echados al monte contra sus superiores.De todos modos mejor para el psoe.
  • Un de tantos Enlace al Comentario Reportar
    Un de tantos 06 Agosto 2013, 16:53
    Moi boa a xogada que lle endosaron ó Danielito para largalo pola porta de atrás. Non é de extrañar que lle fixeran isto despois de todas as barbaridades que fixo este home non solo en Camariñas.

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.